Mostrar mensagens com a etiqueta poesía. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta poesía. Mostrar todas as mensagens

04/04/11

versos asexuados

- Cóseme un verso.

- Non podo.
- Cóseme un verso.
- Ti ben sabes que non podo.
- Cóseme un verso sen ataduras de longos verbos.
- Ti ben sabes que non podo. Eu son masculino.
- Cóseme un verso sen xénero, sen sexo, sen palabras, sen futuro, sen promesas. Cóseme un verso violáceo na miña boca; un que non haxa que desfacer nas noites ás agachadas; un que nos leve a percorrer mares pendurados do pao maior.
- Non podo, así está escrito na historia.

E mudarei a historia cos dentes. E cabalgarei nas marés, amazona destemida, ata rachar estrelas advenedizas. E escribiremos novos versos coas cicatrices do camiño. E pintaremos novos mapas asexuados onde Itaca será un reino libre.

(A imaxe é da raíña Xenevra, pero ben podía ser Penélope, ou Antígona, ou Medea, ou...)

21/12/09

Estirpe

Nai que non regresas nas noites
a recoller os meus despoxos...

Mira agora a túa estirpe
estarricada polo chan
a comer vermes velenosos.

25/11/09

dolor cicatrizada

mujeres, Silvio

cicatrizoume o corpo coa dolor
a dolor saída dos teus puños de ferro
a dolor expulsada nos verbos da túa boca
a dolor dos ollos fríos que me golpean no serán.

Cicatrizou o meu corpo na noite dos sentidos
sen saber o gusto dos soños nos beizos
sen ver chegar o silencio amargo
sen oír os berros nocturnos

Puñal
que tatúa cicatrices
no rostro
nas pernas
nos brazos
na alma

Vendas
que non disimulan
nos ollos que non miran
nas voces que non falan
nos rostros que se volven

...mentres eu percorro, vencida, as rúas da miña cidade cicatrizada.


Street walker. by RavenBlakh

12/11/09

Madre

Mirei nos teus ollos, nai,
e reclamei entre berros
a forza toda dos antergos
que asesinase mundos inimigos.

Mirei nos teus ollos, nai,
na procura dunha espada
que librase dos negros esconxuros
as miñas entrañas lastimadas.

Mirei nos teus ollos, nai,
no desexo dunha vinganza
que me volvese poderosa
para esmagar os rostros que aborrezo.

Mirei nos teus ollos nai
e só atopei as bágoas doces
dunha muller...

...muller de ferro
que aferra os meus brazos
para non deixarme esvarar
nos abismos da intolerancia.

(Aquela noite no salón mireite ben no fondo e ameite)

12/10/09

amarte intransitiva



Se amar non fose
un verbo transitivo baleiro no papel,
un acto sentimental
que conmove a razón,
un infinitivo atroz
que non cura, nin vive, nin actúa
máis aló do dicionario
máis acó da expresión.

Se amar non fose
esa palabra que xoga nos poemas
que marca ritmos na prosa
que alimenta páxinas na historia
dunha literatura inmóbil nas pernas...

entón, amaríate coa forza toda das mareas
que arrastran os velenos que te anegan
que arrincan as dores que te encerran
nese espazo frío que é palabra
con haches mudas de ruído hospitalario.

Entón, amaríate ata traspasar os muros
da inoperancia da ciencia
e pintaría realidades riseiras no teu rostro
nestas mañás mornas de outono,
para saberte salva!!

19/09/09

Oxalá

Que todos os teus sis fosen que si
e que os non non me rompan o corazón.
Que todas as portas permanezan abertas
e non golpeen os cotenos o ferro gris.
Que todos os soños que nacen dos teus ollos
cheguen a bo porto no fondo dos meus beizos.
Que todas as promesas sigan mirando a lúa
de fronte e sen rubor cando nos espía.
Que todas as mans se entrecrucen
tecendo mares de mareas mornas.
Que as túas cadeiras sexan por sempre
desexo de paz arrombada coas ondas.
Que nunca deixes de mirarme, pequena,
asombrada como agora o fas.
Que nunca deixes de mirarme, meu amor,
mentres peiteas os meus cabelos.

minúsculas

volve a escuridade e crava cristais nos ollos
dun pasado boca abaixo
que teima por revivir negras voces
de negros cheiros
de negros presaxios
que falan ata facerse presente
nesta mañá de chuvia

loito cos teus ollos por esquecer
que non estabas
na serea voadora daquel aparello infernal
naquel lugar desabrido de teitos brancos
de columnas rotas envolveitas en morfina

e quero vadear o Lethes
e desaparecer daqueles ferros
que rasuraban a roupa á altura da miña pel
cicatrizando memorias que non eran miñas

porque só desexo
un minúsculo anaco
sin pausas nin puntos
do teu alento
para saberme salva

presenzas

tu imagen, Silvio Rodríguez

seprentéame coas mans
percorrendo os mapas do meu corpo
cicatrizando os soños na realidade

serpentéame cos beizos
esmigallando paixóns renacidas
escorregando desexos dondos
que xa non serán amenceres prohibidos,
versos que debuxaron corpos redondos
en sabas anoitecidas
de pequenos universos acristalados.

serpentéame coas palabras
e náceme versos nos ollos famentos
de verbas para non se cumprir

serpentéame
enrédame
ampéame
pércorreme
escorrégame

...antes de que naza o sol e traia a túa eterna ausencia.

Viaxe a Ítaca

Non lembro se chovía...
recollín os novelos
enmarañei o pelo
e marchei cara Itaca.

Desbotei as esperas dos anos fuxidíos
que enredaron anhelos
de miradas desexantes.
Desbotei as promesas de futuros certos
e naveguei nas ondas
na procura dos meus mares.

Ítaca
a miña Ítaca
a miña eterna e caprichosa Ítaca;
chegou o momento de desencorarnos do porto
miles de mares navegábeis espérannos alén da terra

Bolboretas

Renacen bolboretas no meu corpo
que é teu.
Renacen bolboretas nos meus soños
todos meus.

Renazo na mañá amencida dos teus dedos
que pintan mares no primeiro do verán.
Renazo no sorriso fulgurante dos teus beizos
que escriben poemas no borde do meu van..

E existo
máis aló dos mapas debuxados
raiando o horizonte coas miñas azas
de bolboreta liberada
de ansia eterna de futuro apreixado
nos versos do teu pelo.

Decubro mans,
percorro vales,
enxendro o teu peito,
camiño montañas.
E seite
e sábesme
coa sabencia das primaveras florecidas
dos piñeiros na beira do mar
do sal no corpo
de area
da...

Desprego as miñas azas no teu suspiro
e fago cancións nos teus ollos
para atracar nas túas humidades,
porto seguro do meu desexo.

Bolboreta en mar
auga
soño
verso
canción
ventre
ti
fugaz
eu
universo

...non hai máis mundo aló dos teus dedos.

08/03/09

terra



Porque son terra
e amo a terra
e sinto a terra
e soño a terra.
Porque medro nesta terra
e vivo nesta terra
e choro nesta terra
e sorrío nesta terra
Porque me doe a terra
e sángrame a terra
e máncame a terra

Porque hoxe, máis ca nunca, sinto a ferida da terra
como o dragón dos tempos fuxidos
que aínda esperan un Artur liberador
ou unha Xenevra liberada.

Música de Llach

Crávame as unllas

ata facer sangue dos meus desexos.
Crávame os soños que percorren
cada noite, cada lúa,
a pel añorada en pinturas libres.

Crávame no ventre as ansias
de saberme en ti,
de saberte meu,
de gañar os teus ollos en doce batalla.

Crávame na alma
primaveras novas que florezan
nos recunchos escondidos dos teus dedos
para escribir novos versos
na patria do teu corpo
liberado...

para nacer novas vidas
no roce dos teus labios.


Clavame las uñas / hasta hacer sangre de mis deseos. / Clavame los sueños que recorren / cada noche, cada luna, / la piel añorada en pinturas libres. / Clávame en el vientre las ansias / de saberme en ti, / de saberte mío, / de ganar tus ojos en dulce batalla. / Clávame en el alma primaveras nuevas que florezcan / en los rincones escondidos de tus dedos / para escribir nuevos versos / en la patria de tu cuerpo / liberado...
para nacer nuevas vidas / en el roce de tus labios.

08/11/08

home nauseabundo


Carnes refractarias de muros refractarios de soños refractarios de desexos esnaquizados.
Homes desertos de valencias valentes que se agochan nos despachos inconexos da súa ruína ferindo con papeis que non sangran, pero matan soños.
Pequenos oligarcas de sorrisos vacuos que obrigan coa mirada que vomita noxo indiferente de putrefacción cheirenta.
Seres indesexabéis arrastrando canda eles todo o lodo que as súas pegadas deixan estarricado polo chan.
Home nauseabundo,
home fedorento,
home prepotente,
home ferro,
home que malvive aferrado á súa ignorancia de verme baixoterra,
home que non mereces más que desprezo,
home repulsivo,
home inconexo,
home que se cre xefe das coveiras...

Dende este inmenso mundo exterior, máldigote.

07/11/08

Si a uno
le dan
palos de ciego
la única
respuesta eficaz
es dar
palos
de vidente.
Benedetti, Contraofensiva
Cúspelles na cara
coa raiba toda que che queda.
Coa raiba toda
que non fique nada.

Deixa baleirar a alma envelenada
sobre as vísceras dos vermes noxentos
que arrastran primaveras por lodazais
de presuncións
de incompetencias
de engreimentos...

Cúspelles na cara toda
ata que rebenten as veas do pasado
e fiquen afogados por sempre
na ponzoña que os alimenta.

_______________________________________

Escúpeles en la cara
con la rabia toda que te queda.
Con la rabia toda
que no quede nada.

Deja vaciar el alma envenenada
sobre las vísceras de gusanos asquerosos
que arrastran primaveras por lodazales
de presunciones
de incompetencias
de engreimientos...

Escúpeles en la cara toda
hasta que revienten las venas del pasado
y permanezcan ahogados para siempre
en la ponzoña que los alimenta.

03/10/08

muller

Énchese de cristais a noite
entre palabras que destellan
luminosos desexos de ser
muller
en patria allea.

Énchese de cristais a noite
entre suspiros de fresa chocolate
dunha mar que se revela
muller
de océanos inacabábeis.

Énchese de cristais a noite
na ausencia escrita dos ollos
térreos que reflicten cada noite
muller
recreada en suspiros de infinito.

01/09/08

Ruído II

Cristais rotos na escuridade
dun ruído xordo que se me crava
na cara, nos brazos, no peito,
en min.

Un golpe que me conquista
e esnaquiza os ollos do mar
nunha mañá ¿de luz?

Non recordo o instante da voz
que falaba sen parar.
Tampouco lembro a árbore
que me amou sen piedade.

O ruído é todo
na noite dun día de sol...

Pero doe tanto cando volven as malditas imaxes!!
_________________________________
Cristais: cristales
xordo: sordo
peito: pecho
lembrar (lembro): recordar

Penélope

Nun silencio non premeditado
de soidades perdidas,
uns labios chegan vagariño
envolver o pouco de espírito
que anegaba este corpo de infamias.

Nun silencio de novos tempos,
entre a paixón e a calma,
xorden recordos azucrados
de meixelas tecidas en novelos
daquela que nunca foi Penélope.

Despedida

Porque eu non quero curas,
nin flores en corro,
nin mulleres chorando de negro,
nin xentes fiando loubanzas.

Non quero saber da marcha,
desexo seguir co meu soño
que ocupa todo o teu rostro
e ese sabor doce na boca
de carballos outonizos presentes.

¡Que non me esperten!

Despide esa comitiva de costumes
ancestrais na terra nova;
non deixes que despecen
a ansia de espertar
tras esta noite negra de cristais
nos teus brazos de amigo-amante.

Xenevra
fiar:hilar
loubanzas: loas
carballos: robles
outonizos: otoñales

Ruído

Un só ruído nun só momento.
Renxer agudo de irtos intres.
Cristais debullados no alcatrán
intenso de neve e xeo.
Cerra os ollos na soidade escura
e non quere saber que pasou,
nin onde,
nin cando,
nin como.
Quere durmir no rebulir intenso
de ambulancias cinexéticas.
Choran palabras inconexas
de mulleres perdidas
(que non perversas).

Din que no aire non hai bolboretas
e ela soña que pode voar
coa hélice cuspindo desexos novos
mentres iamos camiño daquel xélido lugar.

EU

eu son Medea
eu son Isolda
eu son Penélope

muller de esperas, de enganos, de traicións
envolveita en sombras
de ancestrais costumes
non admitidas voluntariamente

eu son a muller que se retorce
sen vestido branco de azar
contra as antigas irmás
que sucumbiron en lendas negadas

eu son a que navega aventuras
e rescata espadas afogadas
e apodrece bebedizos confusos
de camiños escuros en noite sen lúa

eu son violeta de soños
que rebentan
e rasgan
e escachan
na mirada daquela Xenevra traicionada

porque a historia...
nunca foi nosa!!