Non lembro se chovía...
recollín os novelos
enmarañei o pelo
e marchei cara Itaca.
Desbotei as esperas dos anos fuxidíos
que enredaron anhelos
de miradas desexantes.
Desbotei as promesas de futuros certos
e naveguei nas ondas
na procura dos meus mares.
Ítaca
a miña Ítaca
a miña eterna e caprichosa Ítaca;
chegou o momento de desencorarnos do porto
miles de mares navegábeis espérannos alén da terra
Alonso Montero, in memoriam
-
Hoxe deixounos Xesús Alonso Montero, escritor, ensaísta, filólogo, membro
do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, a que presidiu no
perío...
Há 2 meses




0 e eu diría máis...:
Enviar um comentário