19/09/09

Oxalá

Que todos os teus sis fosen que si
e que os non non me rompan o corazón.
Que todas as portas permanezan abertas
e non golpeen os cotenos o ferro gris.
Que todos os soños que nacen dos teus ollos
cheguen a bo porto no fondo dos meus beizos.
Que todas as promesas sigan mirando a lúa
de fronte e sen rubor cando nos espía.
Que todas as mans se entrecrucen
tecendo mares de mareas mornas.
Que as túas cadeiras sexan por sempre
desexo de paz arrombada coas ondas.
Que nunca deixes de mirarme, pequena,
asombrada como agora o fas.
Que nunca deixes de mirarme, meu amor,
mentres peiteas os meus cabelos.

2 e eu diría máis...:

Zeltia disse...

cadros, fotografías curiosas, textos ben artellados... e poemas.
fixeches un sitio ben bonito aquí!

xenevra disse...

Moitísimas grazas por estas louvanzas. O certo é que me vai gustando como queda este curruncho meu, teu, voso.

Un saúdo