12/11/09

Madre

Mirei nos teus ollos, nai,
e reclamei entre berros
a forza toda dos antergos
que asesinase mundos inimigos.

Mirei nos teus ollos, nai,
na procura dunha espada
que librase dos negros esconxuros
as miñas entrañas lastimadas.

Mirei nos teus ollos, nai,
no desexo dunha vinganza
que me volvese poderosa
para esmagar os rostros que aborrezo.

Mirei nos teus ollos nai
e só atopei as bágoas doces
dunha muller...

...muller de ferro
que aferra os meus brazos
para non deixarme esvarar
nos abismos da intolerancia.

(Aquela noite no salón mireite ben no fondo e ameite)

1 e eu diría máis...:

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.