Mostrar mensagens com a etiqueta alicia. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta alicia. Mostrar todas as mensagens

06/04/10

O blogue de Alicia

O acaso, e o enlace a unha foto que eu tiña no flickr, levoume a topar, dun xeito totalmente casual, o que levaba buscando dende había días; dende que zeltia explicitou que faltaba algo, dende que eu notei que quería saber máis de Alicia, dende que a curiosidade compartida nos levou á necesidade de saber se todo oq ue contaba o home da ventá era o que sentía, o que vivía a muller do outro lado da fiestra.

Fica aquí, pois, para quen lle interese, un enlace ao blogue persoal de Alicia

Require moita paciencia para ser lido, escoitado, porque son moitos os días que ela escribiu no seu blogue. Tan só chegaran a nós os últimos días.