08/11/08

home nauseabundo


Carnes refractarias de muros refractarios de soños refractarios de desexos esnaquizados.
Homes desertos de valencias valentes que se agochan nos despachos inconexos da súa ruína ferindo con papeis que non sangran, pero matan soños.
Pequenos oligarcas de sorrisos vacuos que obrigan coa mirada que vomita noxo indiferente de putrefacción cheirenta.
Seres indesexabéis arrastrando canda eles todo o lodo que as súas pegadas deixan estarricado polo chan.
Home nauseabundo,
home fedorento,
home prepotente,
home ferro,
home que malvive aferrado á súa ignorancia de verme baixoterra,
home que non mereces más que desprezo,
home repulsivo,
home inconexo,
home que se cre xefe das coveiras...

Dende este inmenso mundo exterior, máldigote.

0 e eu diría máis...: