mujeres, Silvio
cicatrizoume o corpo coa dolor
a dolor saída dos teus puños de ferro
a dolor expulsada nos verbos da túa boca
a dolor dos ollos fríos que me golpean no serán.
Cicatrizou o meu corpo na noite dos sentidos
sen saber o gusto dos soños nos beizos
sen ver chegar o silencio amargo
sen oír os berros nocturnos
Puñal
que tatúa cicatrices
no rostro
nas pernas
nos brazos
na alma
Vendas
que non disimulan
nos ollos que non miran
nas voces que non falan
nos rostros que se volven
que tatúa cicatrices
no rostro
nas pernas
nos brazos
na alma
Vendas
que non disimulan
nos ollos que non miran
nas voces que non falan
nos rostros que se volven
...mentres eu percorro, vencida, as rúas da miña cidade cicatrizada.





6 e eu diría máis...:
E ti...ainda sangras?
Como moita ledicia lírica arribo a este teu porto de acollida para regalarme nos versos e nesa lingua puída que fala de maltratos e cicatrices, quizais as da alma sexan as máis dorosas.
Saúdos.
Chousa da Alcandra:
sangro, aínda que todas as cicatrices percorran a terra. Sangro con cada sentimento de impotencia ante a dolor que nos rodea.
Busto:
grazas a ti por recollelas.
As cicatrices da alma doen, pero doen moito máis as feridas.
Un saúdo para ambos e grazas por paseardes por esta terra
Un inciso levísimo: por un erro meu, fixen desaparecer o teu comentario en "maloserá" na Chousa. Agradaríame tanto que volveses...que non sei se hai palabras para pedir disculpas...
Obrigado por atender a miña oración. Un día que vaia de capelas xa encenderei unha veliña diante da icona de santa xenevra!. Beijos
Cicatrices sobre cicatrices até un punto en que xa nada doe... nin nada produce pracer.
Enviar um comentário