- Cóseme un verso.
- Non podo.
- Cóseme un verso.
- Ti ben sabes que non podo.
- Cóseme un verso sen ataduras de longos verbos.
- Ti ben sabes que non podo. Eu son masculino.
- Cóseme un verso sen xénero, sen sexo, sen palabras, sen futuro, sen promesas. Cóseme un verso violáceo na miña boca; un que non haxa que desfacer nas noites ás agachadas; un que nos leve a percorrer mares pendurados do pao maior.
- Non podo, así está escrito na historia.
E mudarei a historia cos dentes. E cabalgarei nas marés, amazona destemida, ata rachar estrelas advenedizas. E escribiremos novos versos coas cicatrices do camiño. E pintaremos novos mapas asexuados onde Itaca será un reino libre.
- Cóseme un verso.
- Ti ben sabes que non podo.
- Cóseme un verso sen ataduras de longos verbos.
- Ti ben sabes que non podo. Eu son masculino.
- Cóseme un verso sen xénero, sen sexo, sen palabras, sen futuro, sen promesas. Cóseme un verso violáceo na miña boca; un que non haxa que desfacer nas noites ás agachadas; un que nos leve a percorrer mares pendurados do pao maior.
- Non podo, así está escrito na historia.
E mudarei a historia cos dentes. E cabalgarei nas marés, amazona destemida, ata rachar estrelas advenedizas. E escribiremos novos versos coas cicatrices do camiño. E pintaremos novos mapas asexuados onde Itaca será un reino libre.(A imaxe é da raíña Xenevra, pero ben podía ser Penélope, ou Antígona, ou Medea, ou...)




7 e eu diría máis...:
Pódense construír versos sen palabras, pero este que construíches é ben fermoso!
Un saúdo.
Os versos mellor non coselos, os versos mellor sen ataduras, ceibes!
Si a coser como quen tece, non a coser como quen ata!
Son fermosos os versos que teces; pero eu non che sei se serán asexuados. Esa parte corresponde a quen os interpreta e...algúns sómosche moi retortos!!! :-)
volves con forza e chea de inspiración...
uns versos orixinais que me calaron.
eu podería coserche os versos que queiras, dáseme ben o da agulla e o fío.
biquiños,
Moitas grazas nena do paraugas, aínda que é moi difícil poñer voz a certos sentimentos. Saúdos de sol sobre o Miño.
Di que si Raposo; xa pasou o tempo dos fíos dourados!! Céibemonos pois.
Tecendo mantas que acubillan señor Kaplan, tecendo palabras que sexan futuros liberados.
Os próximos heinos coser con todos os seus atributos, malia que os predicados nunca foron o meu. Non creo que sexas retorto Chousa, se cadra só retranqueiro, como bo galego.
Moitísimas grazas polas palabras e os azos Aldabra. Si, espero que esta volta veña enérxica e aínda que libre, ancorada na terra da que gosto.
Un bico
Así falou Penélope:
"Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
Eu tamén navegar"
(Xohana Torres)
Enviar um comentário