25/04/11

Era un home de mar

Manu Chao, Si me das a elegir

Xa estaba publicado o 7/10/2010

Grazas Zeltia, grazas Aldabra polo aviso e o recordo. Lamento o erro. Hai que andar con tino cando se revolve nos papeis (cara de muller arroibada)

Un bico a todas e todos e perdón

7 e eu diría máis...:

Concha L. F. disse...

A tristeza non dura eternamente e o reloxo sempre para xusto no momento no que unha nova porta se abre. Supoño que é cuestión de paciencia. Sen deixar de lembrar.
Fermoso texto.

Un saúdo.

Paz Zeltia disse...

queres ver que é como se xa lese este relato noutro post teu?
teño moi mala memoria, pero diría que hai outro post onde el se consola así rapidamente, nunha noite.

En calquera caso foi un gusto lerte, e escoitar a Manu Chao (ainda que nesta versión en directo non é onde máis me gustou)

Dulces soños, Xenevra. Gústame que desta vez non desapareceses despois dun post!
:-)

Chousa da Alcandra disse...

O prezo por non ser moderno é barato se temos en conta que axiña lle trouxo unha solución a esas bágoas desconsoladas e caladiñas. Ademáis os tragos de whisky son mellores de pasar pola gorxa que os outros...

Bicos vaporosos (coma a saia da moza de boca pequena)

Xan disse...

Co tempo un aprende que a tristeza é un xesto inutil...
Un saúdo

matrioska_verde disse...

Tamén digo como Zeltia. Sinto como si este relato xa o tivera lído, mais a parte do home no pub ca primeira do diálogo. De tódolos modos da o mesmo. O relato gústame moito. Ten un aire así a Bogart. Biquiños,

xenevra disse...

Gluuuuuuuuuups
cara arroibada a máis non poder!!!!
pois si que xa o publicara, con algún cambio, pero xa estaba aquí. :((
Co voso permiso elimino e deixo enlace ao orixinal.
Isto é unha metedura de zoca en toda a súa dimensión....

matrioska_verde disse...

Non tés porque pedir perdón muller, son cousas que pasan, a mín tamén me pasou alguna vez. O que tés é que estar contenta de que tanto Zeltia como eu nos acordáramos do texto porque eso quere decir que non o leímos de corrido. Biquiños,