Podería empezar dicindo que, moitas veces, a mellor resposta é o silencio. E estou certa que neste caso era así. Coñecemos a unha persoa máis polo que cala ca polo que conta. Xa o di o Xan na súa prentación "¿HAI ALGO MÁIS PERSOAL QUE AQUELO QUE ESCRIBES?"
Aínda así, e visto que vós fostes quen de atrevervos antes, tentarei dalgún xeito dicir algo coherente en cada resposta a cada unha das preguntas:
-Canto tempo levas como blogger?
Este é un bo momento para saberdes que non son amiga de datas nin de reloxos. Non sei que hora é agora, aínda que a lúa anuncia que moi tarde xa, e o día... sei que é setembro, un mes de confusións e regresos.
-Como soubeches da existencia dos blogues?
e seguimos a voltas coa memoria. Non sei como souben disto, nin sequera sei como empecei. Creo que foi seguindo pistas (reticencias dirían os portugueses) que alguén deixou no meu camiño.
-Nomea cinco blogues que sigas diariamente ou con moita frecuencia
Pois hai días que non teño tempo de ler ningún e outros que empezo a enlear neles e non paro dun a outro, esquecendo incluso cal foi a orixe daquel que me levou a algún lugar marabilosamente atraínte. Iso si, procuro ler as actualizacións de todos os que teño na marxe dereita, e fastídiame moito cando se van facendo os remolóns (eu predico, non cumpro ;))
-Es lector anónimo dalgún blogue?
De moitísimos. Teño bastante pudor a presentarme polas boas. Hai algúns que me deixan tan abraiada que as palabras a penas flúen, e outros que xa o din todo.
-Algúns autores que che esperten especial simpatía.
Pois outra vez todos os que teño enlazados e algún máis que non está por aí e que vou seguindo a través dos enlaces dos que aí están sinalados. Por que non os agrego eu? Pois eu que sei. Demasiadas preguntas para unha mente tan simple.
-Con qué cinco bloggers irías de esmorga?
Con aqueles que teñan algo que contar á beira dun café tranquilo, porque non hai mellor esmorga cunha boa conversa. Iso si, debo recoñecer que compañeiros habituais de xoldra son Ababoll e setesoles, cos que un pracer compartir fervenzas, óperas e balnearios jajajaja
-Con qué blogueiro/a pasarías unha noite de loucura sexual?
E por que había ser unha noite? e por que había ser unha soa?
-Namoraches algunha vez dalgún blogueiro ou blogueira?
Et bien mes amis... Qu'est-ce que c'est l'amour?
Namorei de tantos deles, de tantos delas, que sería imposíbel enumerar. Iso si, sempre fiel a Manuel Rivas e Suso de Toro
-Estás satisfeito co teu blogue?
Supoño que si. Entendo que se non enchese o espazo que lle asignei xa o tería deixado e aínda que ás veces son moi vaga, sempre volvo. Iso si, eu quería que as etiquetas quedasen coma as de Ababoll (buáaaaaaaaaaa)
-Escolle entre 3 e 5 bloggers para que respondan estas preguntas nas súas bitácoras.
Vai o embolado, aínda que sospeito non farán caso (snifsnif), para Ababoll, Setesoles, O Raposo, Xan e a nena do paraugas
PS: quizais non doe tanto como parecía e logo se fai (jejejejeje)

8 e eu diría máis...:
Ve como non era nada? E seguro que agora até está máis contentiña, co traballo feito.
Gustoume sobre todo a resposta á noite de loucura sexual.
Saúdos
jajaja, parece que vai sair un sarpullido, pero logo non!
Iso sí, boto en falta que dixeras o número das túas entradas (que diso non te tes que acordar que che leva a conta blogspot)e viñámolo dicindo para continuar a celebración das 1001 de Kaplan
Resulta entretenido ler o meme, despois de todo.
Moi ben!!. Xa te podes presentar para a política, posto que eres capaz de falar/escribir un anaco sen dicir nadiña!!! jajaja.
Obrigado por tomar co meu convite con tanto xeito. Merçi
Bicos
gústame saber mais couisñas da persoa que está detrás do blog e a verdade é que estos memes, as veces, axudan.
a mín tamén me chegou o meme e será a miña próxima entrada.
biquiños,
Supoño que a algunha hora, cando o meu PC estea recuperado da gripe e o dean de alta no sanatorio no que o teño ingresado, igual ata respondo. Con este que teño agora non me manexo ben e fáltanme... a miñas cousas de sempre...
Xa veremos, pois a enfermidade creo que vai para largo...
Bicos.
Xa cumprín o teu encargo. Dentro duns días mándoche a factura, con Iva por suposto, he, he!!!
Pois ten vostede razón Kaplan, non era tan difícil coma parecía. Canto ao da noite... unha que xa non está para moderacións :P:P:P
Tamén isto só me pode pasar a min (glups). Non sabía, Zeltia, que xa mas daba contadas o blogger... E xa para máis azoramento, di que esta é a número 69 (glups, glups, glups)
Como que sen dicir nada, Chousa?? Acaso insinúas que o meu cranio non contén masa encefálica desa que orixina respostas interesantes?? Vou buscar unha neurona e así que atope meditarei sobre isto e xa che direi (grrrrrr)
Bico
Si, Aldabra, ao principio parece algo que non vai con nós, que xa temos superado isto dos reenviados, dos memes. Pero o certo é que ata resulta entretido facelo e despois gusta ir vendo o que contestaron os demais. Pasarei ler o teu ;)
Bico
Quizais coñecemos moito máis da persoa polo que escribe habitualmente que por estas respostas, nena do paraugas. Aínda que recoñezo que me resultou entretido o xogo malia os medos que me espertaba.
Bico... e que se mellore o trebello
Jjajajajajaja Paso agora ler as túas respostas Raposo. Non dubido que me sorprenderás... e non me refiro só ao da factura (fiúuuuu)
Un pouco en compensación polo meme e tamén porque o merece, hai un premio esperándoa en Ithaca (é síntoo pero non é da lotería)
Enviar um comentário