Mostrar mensagens com a etiqueta meme. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta meme. Mostrar todas as mensagens

10/09/10

o embolado do Chousa & compaña

Podería empezar dicindo que, moitas veces, a mellor resposta é o silencio. E estou certa que neste caso era así. Coñecemos a unha persoa máis polo que cala ca polo que conta. Xa o di o Xan na súa prentación "¿HAI ALGO MÁIS PERSOAL QUE AQUELO QUE ESCRIBES?"

Aínda así, e visto que vós fostes quen de atrevervos antes, tentarei dalgún xeito dicir algo coherente en cada resposta a cada unha das preguntas:

-Canto tempo levas como blogger?
Este é un bo momento para saberdes que non son amiga de datas nin de reloxos. Non sei que hora é agora, aínda que a lúa anuncia que moi tarde xa, e o día... sei que é setembro, un mes de confusións e regresos.

-Como soubeches da existencia dos blogues?
e seguimos a voltas coa memoria. Non sei como souben disto, nin sequera sei como empecei. Creo que foi seguindo pistas (reticencias dirían os portugueses) que alguén deixou no meu camiño.

-Nomea cinco blogues que sigas diariamente ou con moita frecuencia
Pois hai días que non teño tempo de ler ningún e outros que empezo a enlear neles e non paro dun a outro, esquecendo incluso cal foi a orixe daquel que me levou a algún lugar marabilosamente atraínte. Iso si, procuro ler as actualizacións de todos os que teño na marxe dereita, e fastídiame moito cando se van facendo os remolóns (eu predico, non cumpro ;))

-Es lector anónimo dalgún blogue?
De moitísimos. Teño bastante pudor a presentarme polas boas. Hai algúns que me deixan tan abraiada que as palabras a penas flúen, e outros que xa o din todo.

-Algúns autores que che esperten especial simpatía.
Pois outra vez todos os que teño enlazados e algún máis que non está por aí e que vou seguindo a través dos enlaces dos que aí están sinalados. Por que non os agrego eu? Pois eu que sei. Demasiadas preguntas para unha mente tan simple.

-Con qué cinco bloggers irías de esmorga?
Con aqueles que teñan algo que contar á beira dun café tranquilo, porque non hai mellor esmorga cunha boa conversa. Iso si, debo recoñecer que compañeiros habituais de xoldra son Ababoll e setesoles, cos que un pracer compartir fervenzas, óperas e balnearios jajajaja

-Con qué blogueiro/a pasarías unha noite de loucura sexual?
E por que había ser unha noite? e por que había ser unha soa?

-Namoraches algunha vez dalgún blogueiro ou blogueira?
Et bien mes amis... Qu'est-ce que c'est l'amour?
Namorei de tantos deles, de tantos delas, que sería imposíbel enumerar. Iso si, sempre fiel a Manuel Rivas e Suso de Toro

-Estás satisfeito co teu blogue?
Supoño que si. Entendo que se non enchese o espazo que lle asignei xa o tería deixado e aínda que ás veces son moi vaga, sempre volvo. Iso si, eu quería que as etiquetas quedasen coma as de Ababoll (buáaaaaaaaaaa)

-Escolle entre 3 e 5 bloggers para que respondan estas preguntas nas súas bitácoras.
Vai o embolado, aínda que sospeito non farán caso (snifsnif), para Ababoll, Setesoles, O Raposo, Xan e a nena do paraugas

PS: quizais non doe tanto como parecía e logo se fai (jejejejeje)