06/03/10

volvín... creo

Levo uns días a voltas co computador porque sospeitaba que algo non ía ben e que se me coara algún "tipo" de elemento alleo. A sopeita confirmouma unha carta (en papel timbrado de telefónica) de Némesys. Afirmaban que se estaba empregando o meu enderezo informático para enviar SPAM ("e a saber que máis", pensei eu).

Intslado o Malwarebytes encontrou varios troianos, varios adwares e algún que outro bechiño. Espero xa ter eliminado todos estes divertimentos dos parasitos informáticos e poder empregar xa a máquina sen restriccións.

Tamén mandei unha correo electrónico a Nemesys (única maneira de contactar con eles) para que me eliminen da súa lista negra e non ver así bloqueado o meu porto 25 (que é meu!!, que o pago!!)

Dito isto, espero volver xa a pasear os vosos blogues e seguir enredando nas miñas esperaitas ;)


Cambiada a cor de fondo para non danar máis a vosa vista.
Síntoo Zeltia (glups)


14 e eu diría máis...:

Chousa da Alcandra disse...

Eu tamén tive unha visita dun "amigo" que me estragou o til. Cando tentaba usalo facía isto: "cami´´on".
Parece unha carallada, pero non sabes canto amola.
Todo isto a pesares de ter un antivirus de pago, que xa manda moito carallo.
Tamén instalei o Malwarebytes e deixome coa boca aberta ó ver canta trapallada tiña dentro dos circuitos o meu ordenador.

Fan de nos o que queren, Xenevra; a saber a de intimidades que nos teñen espiado...jajaja.

Bicos dende o porto 25

xenevra disse...

Uissssssss; a partir de agora temos que ser máis discretos ;) (hehehehe)

Ah, xa me engadiron na listaxe. estou xusto antes do Suso de Toro. Molaaaaa!!!!!

mariajesusparadela disse...

Eu tamén querería ter algo que ver con Suso de Toro, ainda que só fora estar na mesma lista.
A saber que andan facendo vostedes os dous...eu pensei que Xenebra non baixaba a unha chousa a non ser que fora para atoparse con Lancelot...

BRABIDO disse...

Pena que non toparas a rosa diez,carallo,que gustiño che ia dar....

Saúdos limpos

A nena do paraugas disse...

Case espanta pensalo, pero ben, eu como non entendo moito e o meu antivirus non é de pago, igual tamén me aparece algo algún día...
Os parásitos son malos de eliminar.

matrioska_verde disse...

pois alégrome,
bicos.

xenevra disse...

Aissss mariajesús, máis ca con lancelot atopeime coas hostes todas de Mordrec, pero parece que esta vez a historia vai vir escrita en clave de vencedora por unha muller ;)

Brabido como non tiña o teu correo mandeiche un Mr proper por Sousa; espero non ter sido moi ousada.

Vaia que espanta nenadoparaugas, nin te imaxinas todo o que imaxinei durante a fin de semana. Tiña un pordenador "escravo" na casa, buassssss

Grazas Aldabra, espero ir recuperando a normalidade pouco a pouco. Aínda queda algo por recolocar, pero vou polo bon camiño.

Merce disse...

Benvida, pois. A verdade e que estas cousas dan bastante a lata, e eso de que che estean "usurpando a tua identidade" non fai ningunha gracia. Non.

Espero que no volvas ter problemas.
Biquiños :)

HADEX disse...

Aiiii eses viruses...hehehe....nada nada...hai que pasarse ao software libre que non ten eses problemas!!

BRABIDO disse...

Ante moitas grazas polo teu interese e axuda,de Sousa xa me encargo eu esta noite,de invitalo a uns grolos eh,descargei o AVAST!.

Cando entro en fotobrabido saltame o escudo comunicandomo polos altavoces de que un troiano foi bloqueado e mandado po baul,pero cambiame de paxina igual.

Meu correo e albinotroncoso@hotmail.es.

Non podo seguir por que teño unha xuntanza en Ponteareas, mañan fuchicarei con mais tempo.

MOITAS GRAZAS COMPAÑEIRA

Paz Zeltia disse...

dioooos xenevra, quedei cega con ese vermello de fondo!
eu tamén estiven infectada no verán, e tiven un ordenador prestado que xa ía tirar con éste (é unha carraca) pero por fin un dia decidinme a formatealo (xa probara a limpar con todo canto mister proper atopei, pero nada)
agora vai. renqueante, pero vai.
non hai cartiños para ir á última tecnoloxía!

felicidades pola cura!

xenevra disse...

Vaia se dan lata Merce, ademaisda sensación de indefesión que che queda por non ter onde acudir. En fin, a ver se foi. Aínda non deron sinais de terme eliminado da lista neghra esa.

Totalmente de acordo Hadex, de feito creo que o que máis me doeu foi o feito de que, quitando o windous (que viña coa máquina) o resto do que teño instalado é software libre; non baixo pelis, nin música, nin chorimangueo máis que bonecos gif para as presentacións do curre :(

Zeltia quizais con iso da furia e anaxo paseime co vermello; xa estça solucionado para unha cor menos agresiva ;) Grazas pola suxestión!!

Paz Zeltia disse...

pode ser que eu sexa queixica de máis!
pero penso que así pódese ler sen pelexar pola supervivencia dos ollos
:9

xenevra disse...

Ao contrario zeltia, agradezo un montón que me comentedes eses aspectos tamén, porque é importante que se poida ler ;)
Cantas máis suxestións fagades, mellor para min.
Grazassssssss