Levo uns días a voltas co computador porque sospeitaba que algo non ía ben e que se me coara algún "tipo" de elemento alleo. A sopeita confirmouma unha carta (en papel timbrado de telefónica) de Némesys. Afirmaban que se estaba empregando o meu enderezo informático para enviar SPAM ("e a saber que máis", pensei eu).
Intslado o Malwarebytes encontrou varios troianos, varios adwares e algún que outro bechiño. Espero xa ter eliminado todos estes divertimentos dos parasitos informáticos e poder empregar xa a máquina sen restriccións.
Tamén mandei unha correo electrónico a Nemesys (única maneira de contactar con eles) para que me eliminen da súa lista negra e non ver así bloqueado o meu porto 25 (que é meu!!, que o pago!!)
Dito isto, espero volver xa a pasear os vosos blogues e seguir enredando nas miñas esperaitas ;)