23/02/10

Alicia (V)

O final da tarde pasouno Alicia lendo no libro. O movemento suave dos seus pés marcoume o ritmo da música que se oía na mini-cadea. Deixeime levar ao mundo dos seus soños mesturados en letras do papel. Non volvas, mais os recordos volvían a través daquel dioivo da man daquela muller que, malia o título, teimaba por volver ao seu pasado. Alicia non. Alicia decidira non volver atrás xamais; quería vivir para sempre naquela nube de apatía, de indiferenza, de asepsia. Encerrara, cal Pandora, todos os seus afectos e emotividades nunha caixa por temor ás consecuencias de sentilos. Esta fora a loita coa psiquiatra ao principio. Xa deixara aquelas visitas. Agora limitábase a deglutir a medicación de xeito meticuloso e ordenado.

E volveron ser as 20:30. e volveu xirar a chave na fechadura. E a súa voz volveu repetir “ola preciosa”. Ao levantar a vista do libro cara esa voz foi que algo volveu endurecerse no seu interior, se era posíbel que un corazón de pedra se tornase máis duro.

- Dille ola a mami.

Fitouna toda moi devagar. O pelo castaño a caerlle sobre a fronte, a man asida con forza á do seu pai, o pantalón vaqueiro que apenas deixaba ver os zapatos. Que alta estaba! E subiu ata o seu rostro, con medo, co alento conxelado no fondo gorxa; a súa cara tan branca, os seus ollos brillantes aconchegados no costado do pai, a súa boca pequena... A súa boca con aquela maldita cicatriz que baixaba ata o fondo do pescozo; e aquela outra que cruzaba a súa meixela pálida.

- Veña, dille ola a mami e dálle un biquecho.

Sentiu como se tensaba todo o seu corpo. A rixidez impedíaa saír fuxindo. De ningunha maneira quería sentir os seus beizos. Non podería resistilo e el sabíao. Por que lle facía isto? Por que a trataba así? Acaso non fora ela a mellor das amantes, a mellor compañeira, a amiga máis fiel? Por que se empeñaba en castigala?

A pequena resistiuse un pouco, non quería avanzar ela soa por aquela casa xa descoñecida e foi el quen a levou da man. Un bico suave e escorregadizo correu pola cara de Alicia.

- Ven. Agora imos colgar o abrigo e logo faremos unha riquísima cea para a mami.

Cando se achegou para bicala aportouse cun xesto brusco. Sabía que o odiaba, pero tamén sabía que non podía seguir correndo o tempo naquel reloxo de falsa paz.

15 e eu diría máis...:

Carlos Sousa disse...

Cada vez más dramático. Non quero nin pensar nunha vida polo estilo. A ver se a seguinte entrega pega un lixeiro cambio, alguna alegría para esta pobre xente.

xenevra disse...

Pensa que só vemos unha parte moi pequena da súa existencia a través da ventá. Quizais o dramatismo devén da propia espionaxe selectiva.
Polo menos esperemos que a cea que preparen estea boa :P:P:P

mariajesusparadela disse...

Esperemos ¿pero cánto nos vas facer esperar?

Chousa da Alcandra disse...

Dame a min o corpo que a autora disfruta moitísimo; así que poda que nos faga agardar máis do que a nosa curiosidade desexa...

xenevra disse...

Pois o certo é que pensaba estar á espreita a ver se descubría algo máis desta historia que parece fuxir dos dedos, pero non. O enfado en que me teñen revolta a Rosa Díez, a RAE e o impertérrretito Iñaki Gabilondo ocupou toda a miña cabeza e o tempo foise na rede vendo o vídeo e lendo as valoracións dos xornais.

Pero non creo que demore máis aló dun par de días. Preciso saber o que cearon; só iso (hehehehe)

BRABIDO disse...

A verdade que se me puxo o corazon de pedra,esa vida con esa distancia de sentimentos ten que ser un sin vivir,espero que na seguinte entrega Alicia teña mais alegria dentro dela.

Bicos

Paz Zeltia disse...

subiuche o xenio co de Rosa Díez eh?, non é p ara menos, pois hoxe ainda tiven que escoitar na oficina que "tampoco es para tanto"...
aparte de todo, esa muller é rara, non si?... que discurso estraño leva!

e no tocante á historia por capítulos que nos vas contando, axexando, vaise intuíndo algo, pero de momento só vexo esa muller morta que semella viva.
semella que vai ser unha historia ben triste, (non falemos de final feliz, os finais felices ou non son finais, ou non son felices)

paideleo disse...

Outra volta máis neste relato.
Non sei como rematará. Sábelo ti ?.

xenevra disse...

Estou certa de que alicia ten moita alegría dentro dela Brabido, só precisaba deixala saír. Ou iso me parece a min ;)

Zeltia todas as historias teñen dúas caras e un montón de tempos. O malo é que nos relatos só nos ofrecen un tempo seleccionado, que oculta moitos outros (mellores e peores). Ah, o que non existen son os finais; ás veces facemos pausas, pero só iso ;))

Aisss Paideleo, oxalá soubese xa como acaba ou como empeza ou como tirará ou de onde devén, porque me ten á espreita esta Alicia movéndome cal océano.

Grazas a todos por pasardes. Un bico

Anónimo disse...

Seguiremos espreitando o destino de Alicia entre estas borrascas

Paz Zeltia disse...

pensas que non existen os finais?
sempre hai un continuará,
e certo,
ainda que o continuen outros...

A nena do paraugas disse...

Coma ti, penso que nada remata, só muda e, tratándose dun relato, cada liña muda ao ila lendo, pois quen le, non pode ver dentro de quen escribe, no momento no que escribe, de maneira que a interpretación do lido pode diferir moito do escrito.
Sigue de vixía desta alma torturada que é Alicia. Gústame ler como se desenvolve, a ver se algún día entra unha raiola pola súa fiestra. En certo modo,
lémbrame aquela canción de Bunbury:
"Alicia, viajando entre lunas
de charla con musarañas,
Alicia tejiendo las nubes
con tela que nunca se acaba", aínda que a túa Alicia é máis... non sei que palabra empregar. Pona ti.

Nilson Barcelli disse...

Gosto de te ler.
A tua narrativa é uma delícia.
Um beijo, querida amiga e vizinha.

matrioska_verde disse...

pois en que acabará todo? aínda que me temo que estas historias nunca acaban...

ao leer este relato recordei moitas cousas da miña vida de antes.

biquiños,

xenevra disse...

KaplanEsperemos que as borrascas deixen paso ao sol. Os ríos andan tan rebordados que non cesan deitar auga a cachón.

Zeltia: non creo que haxa finais e, se os hai, sempre chegan cando xa esqueciches que podían vir ;) Gústame saber que sempre seguirei camiñando.

nena do paraugas moitísimas grazas pola canción; non sabía dela "Alicia dice que te quiere
Cuando ya te ha abandonado
Alicia expulsada
Al país de las maravillas
Para alicia hoy
Es siempre todavía"

Sempre, aínda; sempre, embora.

Nilson o prazer é tudo meu por moitas razões: a proximidade, o gusto das tuas letras, a atenção nas minhas e as palavras de cumprimento. muito obrigada. Um beijo desde esta nossa terra.

Aldabra é certo que as historias nunca acaban, máis algunha vez haberá que deixar de espiar aquelas vidas que non son nosas ;)

Grazas a todos e todas por virdes