Avassalador
Chega sem avisar
Toma de assalto, atropela
Vela de incendiar
Arrebatador
Vem de qualquer lugar
Chega, nem pede licença
Avança sem ponderar
Lenine, aquilo que dá no coração
Chega sem avisar
Toma de assalto, atropela
Vela de incendiar
Arrebatador
Vem de qualquer lugar
Chega, nem pede licença
Avança sem ponderar
Lenine, aquilo que dá no coração
Pois non podía ser real. Como non foi
real a miña entrada naquela sala pronta a escoitarte. Tras deixarme
arrastrar pola Laura ata esas horas da tarde decidín que sería unha
boa forma de rematar e, certamente, o único que tiña que facer era
escoitar.
Oh, que inxenua! Creo que escoitar foi
o mínimo que fixen. Balanceime nas túas palabras mentres ías e
viñas dun lado a outro da palestra. Naveguei os teus ollos ao tempo
que os agrandabas para nos explicar como de inmenso era o noso mundo.
Aniñei no teu sorriso deixándome levar da canción de Lenine que
demostraba que todo era posíbel. 13 acertos é pouca galeguidade,
choromiquei... mais só foi co afán de atopar o consolo do teu
rostro perto.
Ameite de forma paixonal, sen razón
nin propósito, salvaxemente. Ameite dende todos os currunchos e
dende todos os alentos, como só se aman os amores virtuais!!




7 e eu diría máis...:
detrás da virtualidade existe unha persoa real, non o olvides, así que sempre se pode dar ese paso.
eu o dín, cheguei ata Congo, e Congo ata mín... agora somos dous camiñando xuntos, un perto do outro.
biquiños,
o te u texto tén toda a carga emotiva do namoramento, do cuelgue.
biquiños,
Todo é posible sempre, cando se trata do amor.
Pois si, creo que todo é posíbel no amor...e noutras lides Xan; pero estas son tan saborosamente doces!!!
O texto naceu, esta vez, dunha anécdota "real". Tiven a sorte de asistir a un parladoiro sobre o portugués no mundo e fiquei namorada das palabras, das formas delas e do orador. Mais foi un namoro moi virtual, con ningún trazo de chegar a "realidade".
Que o camiño siga a servos grato e vos agasalle con novas sorpresas cada día. Un bico Aldabra
As veces a fronteira entre o virtual e o real é demasiado tenue como para decatarnos de que lado estamos.
Cantas veces os namoramentos fican a ese outro lado! A ese lado da realidade que se empeña en coutar os soños!
Vaia texto! Gustoume.
Bicos.
Sempre do lado en que os soños sexan posíbeis e as fronteiras só sirvan para dar boa sombra, raposo.
Grazas nena. o importante é amar sen importar o lado ;))
Enviar um comentário