07/04/12

A importancia de saber... idioma

Feito real acontecido nun momento de choiva na cobertura dun pequeno garito-loja fronte ao castelo dos mouros en Sintra:

Eu comendo un sanduise. Unha familia ruidosa ao meu carón. Sae a nai furiosa da tenda porque a dependenta tratara mal (falara en moi malas formas) ao seu fillo.

Nai: pues estamos bien con esta imbécil. Y el niño sólo le pedía cambio... y muy educado. Será tonta!! Si no entiende español que lo aprenda, vamos!!

Nese momento boteille unha mirada abraiada que navegaba entre a súa prepotencia e a miña reprobación. Seguiu barullando, pero omitiu a recriminación á dependenta portuguesa que non lles falara en español. En fin, cousas veredes.

Feito irreal que podía ter acontecido en calquera lugar da meseta española ou proximidades castelán parlantes:

Entra unha portuguesa nunha tenda para comprar (non para pedir cambio). Gústanlle uns brincos pero non sabe como é que se chaman no idioma cervantino. Impertérrita e estirada a dependenta segue a atender outras persoas. Cando marcha comenta: "Si quieren viajar que aprendan español".

Segundo feito real. Viana do Castelo hora case de peche nunha tenda de agasallos varios. Mentres a dona-dependenta prepara os regalos cos seus lindos papeis e lazotes, aproveitamos para conversar. Comenta o estraño que é que lles falen en portugués os "turistas" e engade que a maioría deles teiman ata conseguir ser atendidos en español. Máis ca asombrada indignada, critico a prepotencia destes compradores raianos. Ela asinte resignada. É o que hai.

Conclusión, o español é un idioma útil tanto para viaxar como para ficar na casa.

...aínda que tamén é certo que hai outro moito máis útil (oops!) que é o inglés. Que ben quedan todos esforzándose en spikinglear con todo canto turista, emigrante ou bolseiro pasea pola terra. E éche que Shakespeare soa moito máis doce có Cervantes ese, e non digamos ca Camõens. Realmente é muito importante saber... IDIOMA.

...do cruce das linguas non falarei, teño que experimentalas un pouco máis antes de darlle ao tema. ;))

PD: non hai foto para o conto porque a cámara namorou de Lisboa e ficou lá :(

6 e eu diría máis...:

Anónimo disse...

A prepotencia española. Altiva aos que eles consideran menos importantes ou máis pobres e rastrera aos que eles consideran poderosos ou máis importantes. Esixen que as sinalizacións estean en castelán en Galiza, Catalunya ou Euskadi e aceptan de bo grado que en Mallorca por exemplo haxa zonas que parecen un barrio londinense ou alemán. Esfórzanse en comprendelos e límpanlles as babas simplemente por crelos ricos e poderosos. Imperialismo mental e pouca cultura.
Saúdos

matrioska_verde disse...

sería moi interesante ver esas caras de desconcerto, lástima que a súa cámara namorara de Lisboa.

biquiños,

xenevra disse...

A parvicie que nos leva a perder a nosa identidade e asimilarnos aos "poderosos". Un saúdo tamén para ti, Xan

Xa recuperei a cámara Aldabra. 15€ e solucionado. Agora teño que ver como quedaron as fotos.
Un bico

paideleo disse...

Faime graza cando un portugués tenta falarme español. Sería máis fácil que falase portugués amodo e xa se solucionaba o problema.
Eu tento falar en portugués cando estou en Portugal pero eles teiman en falarme en español.

paideleo disse...

Faime graza cando un portugués tenta falarme español. Sería máis fácil que falase portugués amodo e xa se solucionaba o problema.
Eu tento falar en portugués cando estou en Portugal pero eles teiman en falarme en español.

Anónimo disse...

A mín tamén me falan en español os portugueses. Pero eu teimo e lles digo que non quero. Que percevo bem. E entón me din que falo portugués antigo, ou do norte. E seguimos a falar en lusitano.

Ver estas actitudes nos españois fóra... sempre serve para lembrar de onde vén un. Quen é, e quen non.

Coma se levásemos tatuado o pasaporte galego: http://ospasos.wordpress.com/2012/04/27/pasaporte-galego/