28/02/12

de lacazáns e outros mesteres.

Las autonomías disparan el déficit de 2011 por encima de la peor previsión 

Rajoy deberá recortar 44.000 millones de deficit

El deficit del 2011 abre las puertas a nuevos recortes

É dicir, a culpa é das autonomías (que haberá que ir eliminando) e ao pobre do presi non lle queda outra que "recortar". E aproveitando que o Miño pasa por Lugo, postos a recortar deficit, aproveitamos e recortamos dereitos. Dereitos dos traballadores, dereitos dos cidadáns a ter uns servizos sociais dignos (máis ca nada porque os pagamos). O xeito de o facer é fácil e xa o tiñan ensaiado moitas veces. trátase de conseguir que leemos entre nós e así eles só teñen que vir poñer paz.

Primeiro, desprestixiar os servizos públicos. Para iso empecemos por vilipendiar os seus TRABALLADORES e TRABALLADORAS. Esa panda de vagos que toman café, que "collen" baixas (porque non é o médico quen diagnostica, senón que estes papeis deben apañarse nos supermercados), que teñen un traballo asegurado de "por vida", que no canto de cotizar coma todos á seguridade social invisten máis niso que dan en chamar en muface ( e claro teñen outros servizos médicos; terán que pagar os medicamentos cando se xubilen, pero mira ti, todos sabemos que a partir dos 70 un deixa de precisar medicación). Eses privilexiados que adicaron anos a preparar unha oposición (costeándoa do seu peto), que renunciaron a vivir na súa cidade para ser trasladados onde había praza. Eses privilexiados que nunca levan traballo para casa, que cobran 1200 € ao mes, que teñen un mes de vacacións. Eses seres estraños cuxa función é garantir que o sistema social funcione.

Segundo, realizado o paso un, deixamos que sexan os traballadores de outros sectores que aclamen e clamen pola eliminación dos dereitos conseguidos dende a revolución industrial. O goberno (o pobre Rajoy), non quere; é o pobo quen pide o seu sangue. Démoslle alimento aos leóns (ou no seu defecto coreemos touradas). Como é posíbel que eu estea no paro e este señor teña un traballo fixo? Non podemos permitilo, lembremos que son uns vagos que mantemos nós. Para que quero colexio públicos ou servicios sanitarios infantís, se non podo ter fillos? Ademais eu non teño coche, non preciso que amañen estradas. E non che sou nada remirado así que tamén podemos eliminar os da recollida do lixo, ou no seu defecto deixar que saian os martes e xoves (nas visitas do Papa podemos facer unha excepción). E se xa non podo solicitar bolsas de traballo ou de estudo, pois que eliminen tamén eses departamentos. A fin de contas, coa policía para manter a orde e o exército, abonda. En caso de incendio ata poden ir eles apagar lumes. Iso si é eficiencia.

Terceiro, só queda aprobar o decreto

...e meu dito, meu feito. Xa temos un mundo mellor, capitalista e competitivo. Libre de arrasar con todo e con todos.

Un último paso, decretar neste renacido 1984, unha novilingua.


 

6 e eu diría máis...:

matrioska_verde disse...

lín fai moi pouquiño tempo, menos dun mes, o libro de Orwell e deixoume abraiada completamente, pola forma de escribilo, pola historia... é tremendo, moi forte, algunhas esceas fixéronme costa arriba lelas polo medo que me producían.

sí, vamos camiño de convertirmos en escravos, zombies agredíndonos uns ós outros...

¡merda de politicastros!

¿qué din agora algúns dos que os votaron?

biquiños,

Xocas disse...

Paréceme amin que agora é de aplicación o refrán aquel que fala das barbas do veciño e tal e cal... Haberá máis dun atontao que se dea por satisfeito e todo por teren metido en cintura "a todos estes parásitos". É tristo o doado que resulta manipular as mentes...
A ver qué di a vida, que sempre ten un as na manga...
No entanto, ánimos e bo humor, qye ha escampar coma sempre.

Bicazos !

xenevra disse...

Supoño eu, Aldabra, que quen os votou estarán contentes, pois unha vez que non temos opinión, nin vontade crítica, nin perspectiva, somos, como ben dis, zombis. :(
Un bicazo

Ás veces tarda tanto en chover que as terras secan, que as mentes secan, que a razón seca. Será que escampou demasiado??
Un bico meu solete

paideleo disse...

Non dan puntada sen fío. Primeiro preparan o campo e logo soltan o seu veleno. Van por etapas e nos apandando máis e máis.
Non sei como remataráisto pero paréceme a min que aínda non chegamos ao pior.

A nena do paraugas disse...

Eu xa non digo nada. Estou tan farta de ler a diario o letrerio que nos teñen colgado que nin me molesto en darlle aprezo. Pero non fondo encabúxame igualmente.

Bicos.

Anónimo disse...

Pois parece que temos o que queremos, polo que deberiamos estar contentos. Ou mellor dito non aprendemos e así nos loce a escravitude que se nos vén encima