Érgome ás 8 e cuarto. Dúchome. Almorzo. Saio da casa. Como cada mañá vou no autobús 11 ata a oficina. Na radio soa música clásica. Non a recoñezo. Non hai rapaces nas portas dos colexios, o autobús vai case baleiro. O condutor espía no espello retrovisor un home que busca e rebusca no seu maletín. Imos de un atasco a outro entre a marea inxente de coches. Enfurecidos fan soar as súas bucinas case sen pausa. Collo o MP3 e escoito música. Subo o volume para non oír o ruído de fóra.
Cruzo entre as mesas dos colegas sorprendida polos sitios baleiros. Ninguén me mira. Entro no despacho e prendo o computador antes de sacar o gabán. Son metálico "you've got a mail". Sento diante da pantalla e minimizo a ventá do correo. Petan na porta. Coa face contraída comeza a me explicar que non ten onde deixar os pequenos. O soldo non dá para levalos a un centro privado e... necesita o día para ver de apañar unha solución a isto. Soa o teléfono. Unha voz dende o outro lado explica que o seu pai está moi enfermo. Está con el na casa, necesita un adianto para poder levalo a un hospital. Suspiro fondamente e volvo ao computador. Premo na icona do Ópera e selecciono kiosko.net. As rúas comezan ser un caos. Fican as obras desertas, o lixo estarricado polo chan, os xardíns semellan cemiterios florais. Unha fuga de auga na avenida Transversal. Non hai operarios para reparala. Minimizo e leo o correo. Agarda outra semana dura. Repaso a bandexa de entrada. Seguen sen chegar os documentos do ERE. Quizais haxa que empezar con despidos. Volvo aos xornais. Última hora: o presidente avisa que debemos colaborar todos na manutención do seu país. Fará saír todo o diñeiro escondido que levamos nos petos. Só se pagamos polos servizos, saberemos o que realmente custan. Sobe os impostos. Ás veces alégrome de non ter familia.

6 e eu diría máis...:
Colaborar os de sempre para que os ricos sexan máis ricos e cada vez menos, e os pobres mais pobres e cada vez máis numerosos. Así votamos co noso papanatismo para darlles a coartada, e así tamén hai outros traidores que a rio revolto e co denominador común de ser tertulianos de Voz TV,. dinamitan certas organizacións cando perden votacións en asembleas abertas.
Como será que sempre nos toca ás mesmas persoas colaborar para levantar o país?
Para levantar o país sempre temos que colaborar os mesmos, rediós!!
aínda que non teñas familia, como dís, seguro que tés amigos, o veciños, xente que te importa, e sufres tamén por eles e con eles.
anda todo o mundo desacougado e non é para menos.
bqñs,
coincido plenamente contigo Xan; así nos vai.
Sobre todo cando foron os outros cando o tiraron, non nena
Había unha pintada na parede do lado do meu edificio, creo que a estiven a ler dende pequena ata que marchei traballar fóra. Poñía "arriba españa" e en resposta "que a levante quen a tirou!!". Mais eu tamén teño a sensación de que eles só a tiran e somos nós quen hemos de a levantar.
Un saúdo raposo
familia, amigos, seres moiq ueridos que vexo como pouco lles van afectando os EREs, as xubilacións antecepadas, o recorte das pensións (co IRPF), o paro... A min mesma vexo como cada día me recortan os dereitos adquiridos e debo aguantar que algúns lles chamen lles chamen privilexios. Anada o mundo moi mal, Aldabra
O asunto non está para muitas festas e hai xente que o pasa mal.
Espero que todo vaia millor.
Enviar um comentário