05/02/12

Anécdota (ou españoles, Fraga ha muerto)

    Érgome ás 8 e cuarto. Dúchome. Almorzo. Saio da casa. Como cada mañá vou no autobús 11 ata a oficina. Ruídos da radio, rapaces que choran, rapazas que dormen, un home tose, o condutor non esquiva nin un soa das fochas no traxecto.

    Cruzo entre as mesas dos colegas medio adurmiñada. Algún aproveita para mirarme o cu. Entro no despacho e prendo o computador antes de sacar o gabán. Son metálico "you've got a mail". Sento diante da pantalla e minimizo a ventá do correo. Premo na icona do Ópera e selecciono kiosko.net. A toda plana nalgúns dos xornais a morte dese home. Dáme noxo. Minimizo e leo o correo. Agarda unha semana dura. Repaso a bandexa de entrada. Non chegaron os documentos do ERE. Volvo aos xornais. Aborrezo ese home. O alzheimer asola o país; a memoria histórica non existe. Vomito desprezo.

6 e eu diría máis...:

matrioska_verde disse...

¿sabes qué pasa muller?

que a poboación galega está moi envellecida e coa vellez chega a perda da memoria, é inevitabel.

non te mosquees que non paga a pena... ¡pa dous días que vivimos!... non perdas nin un só momento en pensar mais nel, aló vaia.

bqñs,

Raposo disse...

Garzón está no banquillo dos acusados por investigar os crimes do franquismo.
A Fraga, insigne colaborador da dictadura franquista, andan a facerlle homenaxes.
Que se pode esperar dun país asi!!!

Chousa da Alcandra disse...

Por razóns coma as ditas aquí, eu son dos que fican quedos mirándoche o cu...

A nena do paraugas disse...

Deste home prefiro non dicir nada. Ocuparía demasiado espazo e gastaría demasiado vocabulario....

xenevra disse...

Ha de ser iso aldabra. Teremos pois que revisar os libros e mirar o que deixamos escrito para o futuro (empezando pola Academia de Historia española). Un bico

E se che digo que eu espero que cambie, que esperte e que inicie unha revolución incruenta? Contamos con raposos feroces que metan dente a este sistema ;)) BK

Vale Chousa, recoñezo que ás veces vén sendo unha boa alternativa ;) hahahaha. un bico

Ás veces ata as palabras quedan curtas para expresar os sentimentos. Un biquiño nena

Anónimo disse...

Fraga foise con homenaxes e o franquismo reconvertido segue vivo social e politicamente, como ideario e ancorado no poder actual. Non foi condenado nin houbo xustiza para as vítimas