Pasou o tempo de agocharse
tic.......tac
morreron as sombras no xardín e medraron crisantemos.
- Mamá, os crisantemos son as flores dos mortos?
- Os mortos non teñen flores
Pasou o tempo esvaradío no recuncho dos teus ollos. A auga filtra lumieiras escuras polos cristais. Non volverás; non volverei. Area fuxidía anuncia solpores entre os dedos.
tic...................tac
Como un diapasón marcando os compases do que virá, malia sabermos que nada ha de vir. Silencio. Saltas os crepúsculos de antano para evitar que sexan futuros irreverentes. Recolle o pano.
a nena xoga coa boneca
muiñeira bonita de Láncara
lava os cabelos da doncela.
Pasou o tempo
pasou o sono
pasou o verso
pasou...
os teus ollos non están.




8 e eu diría máis...:
Ese tic... tac... Marca o paso de onte a hoxe, de hoxe a mañá...
Pasou todo, pero virán máis cousas, diferentes, novas...
Saúdos.
Como que non están os meus ollos?.
A ver se vai ser que levo os cristais (das gafas) moi luxados?.
A ver se vai ser que ti non puxeches as túas?
Bicos de benvida
para mín son as flores dos mortos...
todo pasa e todo queda...
biquiños,
Nada morre mentres a memoria persiga as sombras...
Saúdos
Por sorte, Concha, o tictac segue a pasar. E foi el quen me trouxo de novo para rencontrarte.
Grazas polas palabras.
Quedo cos bicos Chousa; os ollos busqueinos onte ao pasar por Antas camiño de Compostela, mais a calor levounos a todos a refuxiarse na casa.
Grazas polo recibemento ;))
Para min Aldabra, son as flores que me encheron unha vez a casa chea de diminutos mosquitos. Cada vez qu epenso nelas lembro o tempo que me levou sacalos de aquí.
Bicos para ti tamén, miña serea.
Grazas Martiño polas sombras e a memoria que traen vida nova a estes lares.
Saúdos
O millor é deixar o reló por aí tirado. E contar polos dedos.
Bicos de redescuberta. A cachón ;)
eu non me afago a que
pase o tempo
pase o sono
pase o verso
sempre me queda un baleiriño, que semella temporal, pero que fai un pouquiño máis fondo o gran baleiro que xa sempre vai comigo.
(eu tamén che digo benvida; resistir co blog xa é cousa de mérito cando hai outras maneiras de expresión nas que se interrelaciona máis e de maneira máis inmediata)
Moitas grazas Zeltia pola benvida. O certo é que vén sendo o blogue quen me resiste a min ;))
Lembrareiche esta frase durante moito teeeeeeeempo Quino!!! Logo non veñas con que son horas de comer, ou durmir, ou...
Bicos de mar
Enviar um comentário