24/05/11

Rexurdimento

Farta de reflexionar, de debater, de analizar... chegou o momento de embarcarse, outra vez, no futuro. Este é o país que quero, a terra que amo; este é o lugar onde nacín, onde vivo e onde quero ficar (aproveito para dicir que non quero morrer, así que ficarei eternamente no noso Avalon). Estou e son, xunto con toda a xente coa que coexisto. Algúns gústanme moitísimo, outros menos e hai outros que nadiña de nada. Pero sei que a terra non é propiedade exclusiva, nin tampouco a quero máis ca ninguén, así que toca compartir. Dóeme usufructuala con esa caste de persoas que, tal vez sen darse de conta ou quizais á mantenta, fan dela unha sucursal da grande empresa que queren gobernar, pero é o que hai e ademais parece que son maioría.

Iso si, debo recoñecer que non me poñen medo as multitudes e ben sei que, por pequena que sexa nao, navegará mares e mareas salvando temporais se a tripulación voga toda no mesmo sentido. Quizais a singradura sexa dura, pero a velame está disposta. Que se preparen os soños, imos facelos realidades!!!


Iremos xunto Manuel Antonio, para sermos Nós nun novo Rexurdimento.

10 e eu diría máis...:

Xan disse...

Que merito ten formar parte dos que festexan unha vitoria que prexudica os seus dereitos individuais e colectivos. Unha vitoria que os convérte en meros mamarrachos sen conciencia, como ridículos monicroques. Mil veces prefiro ser dos que nunca gañan pero que teñen un corazón que soña cada día. Convivir si, pero non rirlles as grazas e menos, moito menos deixarse asimilar, nen deixarse derrotar.
Bicos

Paz Zeltia disse...

Bueno, qué entusiasmo!
Sin duda ese é o espíritu. Pero a min dame gana de meterme máis na miña concha.

Raposo disse...

Nesa realidade tamén quero espertar eu!!
Bicos.

Son Unha Xoaniña disse...

Bon, ise é o espírito, gústame o teu entusiasmo e admírote porque non é fácil, pero como dis por duro que sexa os soños está ahí para facerse realidade nun futuro que pronto chegará.
Ánimo e saúdos.

xenevra disse...

Fagamos un brinde por eses corazóns Xan, entre os que ben sei que está o teu. Bico

Nin se che ocurra Zeltia que te estou vixiando. Un día para o esquezo, toda a vida para facermos futuro.

E espertaremos todos xuntos, xa o verás Raposo Beixos ensoñados

Non é fácil, pero non esperabamos que o fose. Verás que antes do que pensamos chegará un día en que "ao levantar a vista veremos unha terra que poña liberdade". E será a nosa.
Un bico Xoaniña

escornabois disse...

Descubro este parágrafo, chama á atención máis da que pensar:
"Algúns gústanme moitísimo, outros menos e hai outros que nadiña de nada. Pero sei que a terra non é propiedade exclusiva, nin tampouco a quero máis ca ninguén, así que toca compartir."
Esa debería de ser a realidade, pero... ¿tódolos galegos comparten e aman por igual a terra que na naceron? Non o creo. Nos últimos tempos estou escéptica sobre o futuro. Pero como di Xan no seu post, sempre quedarán vagalumes...
Grazas pola túa visita, un pracer.

rui disse...

unha descarga de enerxía positiva moi contaxiosa.
Desta volta non me afectou moito, xa estaba claro o que ía acontecer, en tempos de crise económica a dereita ten a ventaxa do medo (se non hai crise necesita outros xeradores de alarma, como o terrorismo)
Encántame o post

paideleo disse...

Somos poucos pero non covardes.

Concha L. F. disse...

Admiro este entusiasmo que amosas no teu texto. Por circunstancias varias e logo de tantos despropósitos por parte de toda a clase política, a min máis ben me falta ese toque de entusiasmo, pero seguirei a túa suxestión: disporei a velame para seguir adiante.

Saúdos. Con ganas de seguir.

xenevra disse...

Supoño que todos a amamos porque me parece imposíbel que alguén poida non amar Galiza, escornabois. Que sempre voen os vagalumes!! grazas pola visita.

Grazas rui, A crise ha acabar e os tempos han chegar, que diría o bardo ;))

E veñen novas xeracións con forza paideleo. un beixiño

non deixaremos que nos rouben o entusiasmo Concha. Un beixo