Unha trasnada desas que facía de pequena, desas en que miña nai dicía: "xeneeeeeevra!!! has levar". O certo é que nunca levaba nada, pero a frase tiña o seu aquel de respeto. Supoño que llo infundía o feito de nunca termos especificado que era o que se levaba nun caso así.
Pois ben, parece que o blogger anda a facer trasnadas e, sen saber como, desapareceume a entrada que escribira onte sobre Lois Pereiro (máis ben sobre os actos que onte se desenvolvían como homenaxe á súa persoa, á súa palabra).Para non volver escribir o mesmo, nen o mesmo poema, só dicir que sempre me abraiou a forza que ten/tivo para amar a vida. Amala desa maneira apaixonada e vehemente que coñecen os poetas. Unha morte lenta, dura e cruel non puido tirarlle da boca a necesidade de vivir, nen dos dedos a necesidade de escribir.
"Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves entremedias
piedade e odio intermitente."
inda que sexas dura e leves entremedias
piedade e odio intermitente."
Como remate, un epitafio. Un desexo húmido que o siga atando aos que aquí seguimos gustando del, seguimos gozando con el:
por diante do lugar onde eu repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e de furia necesaria.
E agora os seus poemas.
Un con Uxía Senlle:
Contra a morte o amor que vai comigo. Lois Pereiro
Dos días que reserva para min o destinocada unha das súas noites por vivir
sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivido á miña inexistencia
soñado nas túas noites
ou prorrogado en ti.
E o epitafio con Nación Reixa:
Poderíano escoller como epitafio. Lois Pereiro




4 e eu diría máis...:
grazas por ofrecernos o link á canción e á lectura dos versos.
Xa comentei a alguén que estou tendo unha sobredose de Lois estes días, asistindo a varios actos nos que a súa poesía ou a súa persoa [pódense separar? debese? -eterno debate-] son os protagonistas.
Mais non me importa ter este exceso de achegas... cando pase o ano, se tamén eu sobrevivo, repousará.
Eu fun tamén unha das moitas persoas que non descubririamos este poeta contemporáneo, da mesma xeración ca min, de non ter esa estraña ocorrencia de dedicarlle o día das letras galegas! E agora, tamén por vivir nesta época das redes sociais, de internet, estase a convertir nun fenómeno, a este paso pronto haberá o Club de Fans de Lois Pereiro, levaremos camisetas co seu rostro ensumido e tatuaremos L.P. arredor do embigo.
Moléstame un chisco este circo montado. Mais participo nel con grande ledicia.
Contradictorios que somos. Que son.
Eu ando a traballar na clase con este home. Dáme moito xogo, pero aínda non rematei o traballo empezado. Fareino logo do 17.
O que aquí atopo váleme moito.
Grazas e bicos.
Teño que recoñecer que non ouvira falar de Lois ata que lle adicaron este día, pero digo como Zeltia, seña como seña, benvido Lois.
Hoxe á mañá na radio entereime de algùn anaco da súa vid, ata de que foi un dos enfermos da colza... Sin dúbida tivo unha vida moi doorida.
biquiños.
Pois si, Zeltia; este ano foi un éxito a persoa escolleita. Gusto moitísimo do Lois Pereiro (tamén adoro a uxío Novoneyra) e foi moi bo saber que as letras van máis aló dun acto institucional. este foi o éxito do Luisón (como lle chamaban en Monforte), sobrepasar o día. Un éxito que veu da man do amigo, e traballador incansábel da linguam que é Manuel Rivas. Creo que a el, e a xente coma el, debemos esta magnífica expansión loisista. Feliz día; feliz ano!!
Foi un dos padecentes dos sufrimentos polo aceite da colza Aldavra, e nunha chiscadela cruel do destino, morreu no mesmo día en que saíu a sentenza contra eses especuladores insaciábeis.
Para nós, nunca morrerá.
Enviar um comentário