Hoxe, en todo o mundo, está prevista unha venteira loisista, unha maré que recorde, goce e volva dar vida á voz de Lois Pereiro.
Los Pereiro, este poeta maldito, este poeta beat, que nos ensinou que a vida non se ama a beixos pequenos senón con grande paixón, con fruimento, con raiba.
Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves entremedias
piedade e odio intermitente.
Porque sabía que non podiamos deixar desparecer as nosas pegadas na auga, aínda que a tormenta fose abondosa e doese.
D. Difícil definir esa Dor, Dobregar o Destino, conseguir que o Desexo nos siga sendo útil. (Diluvia)
A vida, esa que tanto amaba, roubónolo dunha maneira arteira e ruín, dunha maneira indecente no mesmo día en que os culpábeis recollían a sentenza condenatoria. Ese mesmo día en que decidimos seguir vivas nos seus versos, dar voz á súa palabra magnífica e marabillosa, rachar as fronteiras infindas do idioma para sabelo eterno, perdurábel.Hoxe, con nós, volve Lois Pereiro nesta homenaxe que nos gustaría facerlle pero que é el mesmo quen nola fai.
Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos
A perfección era unha intuición fráxil
na que habitaba un virus definido
en cada movimento interpretado
polo discurso estético da pel
Talco e carmín
seducción subcutánea
a atrocidade orixinal das vísceras
furia xestual en cada un dos seus nervos
na sesión de strip-tease daquela noite
Confusamente a imaxe dos seus lavres
voando sobre Europa
A vida sucesión de luz e sombras
o segredo da perfección máis pura
somentes unha sombra de dúbida nun xesto
a lene distorsión nun dos seus movementos
en fuxidía expresión de terror lúcido
nos ollos e na boca
esa era a perfección definitiva.
Caíron logo os ollos os pezóns
e coa furia da súa visión súpeta
todo o que puido arrincar ledamente irada
coa única forza das súas propias mans
e o poder que posúe quen descobre a verdade.
A perfección era unha intuición fráxil
na que habitaba un virus definido
en cada movimento interpretado
polo discurso estético da pel
Talco e carmín
seducción subcutánea
a atrocidade orixinal das vísceras
furia xestual en cada un dos seus nervos
na sesión de strip-tease daquela noite
Confusamente a imaxe dos seus lavres
voando sobre Europa
A vida sucesión de luz e sombras
o segredo da perfección máis pura
somentes unha sombra de dúbida nun xesto
a lene distorsión nun dos seus movementos
en fuxidía expresión de terror lúcido
nos ollos e na boca
esa era a perfección definitiva.
Caíron logo os ollos os pezóns
e coa furia da súa visión súpeta
todo o que puido arrincar ledamente irada
coa única forza das súas propias mans
e o poder que posúe quen descobre a verdade.





1 e eu diría máis...:
Ao final a entrada que che desaparecera... volveu aparecer.
[é o que teñen os trasnos...]
Reconfortante participar no vento lois, saberse unha máis das namoradas. Fuxir dos mitos, xa o sei, pero case resulta que non quero de todo...
Enviar um comentário