Algunhas veces a vida cóspeche na cara. Marta sabíao. Esa vella amiga que se engancha nos teus pés sen permiso para vapulearte ao seu antollo. E agora a vida aparecía entre aqueles amasillos de pasado para esnaquizar os soños e facer farrapos os risos que querían sobrevivir. Marta sabía que a vida era así e quizais por iso aferrábase a ela con paixón para non perderse nos bruscos descensos.
Aquela mañá deixou soar o teléfono; pasase o que pasase el non volvería. Miráraa con aquela indiferenza que só a seguridade presta. Seguiu revolvendo o azucre no café co pensamento cravado nos vellos azulexos. Outra vez a cociña estaba baleira... e dubidou da compañía pasada. Coexistir nun espazo non é convivir.
Milleiros de veces discutiran polos significados das palabras. As palabras plurisignifican, por iso hai que atopar sempre a correcta para dicir o que un desexa, para non crear confusións, para non mesturar mundos. Tantas veces lle botara en cara aquilo, que non ía ser ela agora quen liberara a maldición levantando aquel auricular. Non se pode falar cando inunda todo o sentimento do fracaso. E Marta sentía que fracasara, unha outra vez.
Palabras do pasado craváronse no son repetitivo do teléfono. E non descolgou. Gustáballe revolver o azucre do café mentres lía o xornal...





7 e eu diría máis...:
Coexistir non é convivir, pero parécese moito. O xeito de utilizar as palabras con varios significados axuda, mentras se discute cal é o correcto estase a falar, que non é pouco. Un bico ás duas.
A pesares da obsesión pola palabra xusta para evitar os malos entendidos,
Marta sabe que cando se está mal con alguén é case imposible entenderse falando. Pode que cando as feridas sanguen menos...
En calquera caso compre estar decidida para darlle voltas ao café con parsimonia mentres o teléfono soa... polo menos eu!
:D
Describes moi ben ese darle vueltas non só á cuchariña na taza do café; ese remoer que nace da insatisfacción, do fracaso, da frustración, da pena.
Encántame J.M.parece fácil ser actriz, con esa cara qeu parece expresar mil estados anímicos, sin facer nada.
Ás veces dámoslle demasiadas voltas ás palabras, sobre todo cando pretendemos que se nos entenda. E xustamente aí é cando erramos, pois non querendo mesturar mundos, acabamos por revolvelo todo.
Gústame o fío do relato.
Un saúdo.
Darlle voltas á azucre, ás emocións… rumiar o que se debe facer, o que non se quere facer, o que é mellor olvidar…
Coexistir non e convivir, é transitar polo mismo espacio sin apenas decatarse da outra presencia, sentido noxo dun mesmo por non tomar unha decisión.
Biquiños,
Non estou certo. De case nada. (Fai frío, iso si que se nota).
Pero dubido que os mundos comúns podan construirse enriba das palabras. Contan máis os sentimentos, as sensacións e se cadra, os soños. E aínda así, todo vai polo filtro das propias percepcións. E esas... parta un raio se non teñen vida propia... Mesmo contra de nós.
Bicos cafeteiros.
E que nunca perdamos a capacidade da fala Maribel. Incluso cando as palabras son equívocas axudan a sabernos perto. Un bico dela e outro meu ;)
Coincidimos no gusto pola actriz Zeltia; e coincido coa Marta no gusto polo café. E o teléfono... deixalo que soe é unha boa terapia. Grazas polas túas palabras.
Grazas Concha; espero que o fío non fique enleado tamén.
Ás veces non é bo tomar decisións, ou quizais a mellor a decisión é a que non se toma. Quen sabe Aldabra!! O importante e sabermonos sen revolvérmonos.
O sentimento do frío nunca obnubilará os outros. Mentres medren os soños nos ollos, hai vida. Segue sen ter certezas; sabes que gosto das túas dúbidas. Un bicaaaaaazo, meu!!
A vida componse de pequenas felicidades: remexer a azucre e ler o xornal pode ser unha delas, e non hai porqué interrumpila.
Enviar um comentário