![]() |
Chámome Marta, pero creo que xa oíches falar de min. Si, son esa que vai chorar á biblioteca; non podía ser perfecta.
Non sei moi ben por que che conto isto, aínda que podo imaxinar que vai unido aos propósitos que asinamos ao iniciar unha nova vida. O certo é que non creo que a miña o vaia a ser. Agora, simplemente, hei de baleirar os armarios e os andeis, almacenar as súas cousas en enormes caixas e gardalas no trasteiro (ambos sabemos que nunca volverá buscalas). Sara di que os homes cando marchan, non levan nada con eles, nin os recordos; que son xente práctica. Quizais el tamén sexa así. Creo que Sara o di porque nunca superou a marcha de C con aquela rapaza. Échenos moi fácil compararnos coa seguinte, coa suplente. Se é máis nova e máis guapa, el é un crápula. Se non o é, só nos queda o consolo de que se deixase enlear; porque hai unha verdade universal que di que nós, nunca, somos causa senón a consecuencia, non é?
Podería pórme a facer reconto de todo o pasado, mais non teño tempo nin ganas. Neste momento só desexo durmir. E sei que non poderei. A miña cabeza ordenará unha e outra vez os novos armarios, asinarei novas promesas, anoxareime cos enchufes que xamais serei quen de pór, caerán as xanelas de tanto esperar e rebordará o río todas as noites contidas.
Pero teño soño. Dóeme a cabeza e quero durmir. Quizais mañá un novo día brille no meu Tara. Quizais non sexan tantas as caixas que hei de amorear...





8 e eu diría máis...:
Non só os crápulas se deixan enlear polas máis guapas e/ou máis novas.
Cando vexas a Marta saindo da biblioteca enxugando os ollos, dillo da miña parte.
Bicos
Que cansadas ou duras poden ser as mudanzas
de casa,
de amor,
de vida.
Que durma, que descanse..sempre hai tempo para colocar os armarios, para facer novos proxectos, para volver a crer nela e na comodidade de un sofá mullido que non a de compartir..agora Marta só quere espertar lixeira. Apertiñas
A vida é así, ás vezes ata penso que hai que deixa-las coussas marchar e entender que nom podemos aferrar-nos a elas. Simplemente creio que devemos agardar que os inícios duros traem tramas melhores, durmir é bo e necessário para poder fazer mil coussas ao día seguinte que traiam novas alboradas!
Unha aperta
Canto antes se fagan certas mudanzas, antes se limpa a memoria de trastos. Así quedará sitio bastante para gardar soamente o que merece a pena...
E volver empezar.
Bicos
gústame, e aínda que cansa vexe con gañas de tirar para delante.
bicos,
Non é certo tampouco que os homes non levemos lastre cando hai mudanza/ruptura: eu mesmo levo os meus aveños ao lombo, casa tras casa, desde hai 20 anos.
Ánimos a Marta, que chore só o indispensable até volver saír o sol
(ou a lúa)
As veces co novo día as cousas vense doutra maneira, e un decátase de que o que a noite anterior parecía unha traxedia insuperable xa non o é tanto.
Enviar um comentário