Había tempo que me sentía vencido polos seus eternos silencios. Converteuse en costume o xogo de buscar a súa mirada entre as regandixas do pasado. pode que non o saibas pero xamais me volveu bicar. Encerrouse na súa torre de cristal a devorar as historias doutras vidas. É certo que non a amei o suficiente, pero asegúroche que non era fácil. Abrir a porta da casa significaba entrar no frío reino do baleiro, o lugar en que a indeferenza petaba na miña cara unha e outra vez. "Só é cansazo. Vulgar cansazo". Ambos sabiamos que non o era. As palabras non sempre significan o que deben. E a casa, aos poucos, foise enchendo de telarañas. Entón marchei.Agora acúsame de non ter sentimentos, de deixar un enorme oco no seu dormitorio. Cantos baleiros se poden engadir ao lugar onde a nada é a totalidade? E repróchame non amala!! Mentres tanto mirarei miles de veces este río e o seu sorriso cravarase nos meus recordos enganados co paso do tempo; pero non voltarei. Non me podes pedir que volva a aquel mundo de bágoas incontroladas, de enfados constantes, de remorsos alagados en devenires do que non quixen. Non, Marta; non regresarei ao fogar esnaquizado.
...mais se a ves nunha tarde de sol radiante, dille que nunca saberá canto a amei!!




14 e eu diría máis...:
Sempre é mais fácil seguir amando se ún se vai a tempo.
Está claro que entre o amor e o odio hai moi pouca distancia; poñer terra por medio só é agrandar esa distancia.
É ben certo que as palabras non sempre significan ou que deben.
paréceme moi triste este texto.
dilema:
permanecer nas sombras e na dor
e acubillar a quen sofre e te precisa,
ou
fuxir da dor e abrirse á luz
e abandoar a quen sofre pero recuperar a vida?
O outro lado do cristal a visión pode ser moi distinta.
apertas.
Non hai que deixar qiue o destempo perurbe os recordos (pasados e futuros) non é, mariajesús
Pero como di mariajesús, é moito mellor non deixar que chegue o odio. O cansanzo, o desánimo, cúranse co tempo. Un saúdo sr Kaplan
É ben certo xanbrais; é ben certo.
Quizais haxa sente que non saiba vivir máis que na sú apropia dor Zeltia. Hai quen fai dela o seu propio acubillo e é moi difícil cohabitar nun espazo tan pequeno ;)
Toda historia ten dúas versións. A lúa sempre ten unha cara oculta Raposo
ás veces unha retirada a tempo, é unha victoria
É bonito saber que un día, de verdade, che amaron. Pero hai ocos imposibles de encher, é verdade. Só o paso do tempo mengua a dor. Tamén é verdade que é difícil amar nos tempos difíciles, non todo o mundo o consigue.
Biquiños,
Ás veces escribes cachiños das miñas tripas, xa vin varias veces, leo con un nudo na gorxa. Un texto que merece a pena telo na cabeceira da cama e voltar a el, para encher de vida a vida. Bicos
Non debemos chegar a ese punto de perder os papéis e esquecer os bos momentos. As cousas as veces, sabendo ou sen saber, complícanse e debemos recordar que a felicidade existíu. ¿Para qué quebrar, manchar, estropear, os bos recordos? Unha retirada a tempo fará que aqueles intres permanezan vivos por sempre, na nosa memoria.
Grazas.
Os eternos silencios son as constatación do fin dos afectos.
Unha aperta
Moitas retiradas non deixan de ser avances Mer, aínda que vaiamos noutra dirección ;)
O importante é que o amor permanece Aldabra; só temos que evitar que o empañen falsos recordos.
Que dicir Maribel ante tanta bondade. Compartimos retallos de vida ;) Moitas grazas
O importante é que permanezan, si. Grazas a ti Fernando
Aissss Xan!!! Gústame saber que remataron os teus silencios. Non sabes como se te bota en falta nestes mundos. Unha aperta!!
Gustoume como colocaches aí ese soliño... Mesmo os textos precisan dun pouco de luz, por non andarmos sempre atoutiñando nas escuridades. As mestas, pesadas e afoutadas escuridades...
Bicos de sair ao soliño !
Cantas veces interpretamos mal os xestos de quen nos rodea! E acabamos pechando portas e enchendo todo de arañeiras.
Pero, das lembranzas é mellor gardar soamente aquilo que poida facer sorrir.
Un saúdo.
Enviar um comentário