Neste momento, xa non só está a miña cidade infestada de bandeiras españolas co seu escudo, senón cheas de coches que non cesan de circular facendo soar fortemente os seus claxon. Obvia dicir que a policía nin aparece, nin aparecerá.
Onte nun bar uns individuos, da miña idade máis ou menos, queixábanse porque cercaran a fonte da cidade para evitar que esta noite fose asaltada. Xa se ocuparon eles de deixar ben claro que os valos nada poderán contra a "furia roja". Estes mesmos, quedaban para ver o partido na pantalla xigante cargados de cervexa (botellón futboleiro que se di), a policía tampouco aparecerá nin para disolver nin para pedir carnés de identidade aos menores que alí estean a beber ou vendo como os seus pais beben mentres berran e forman algarabías atronadoras.
Estas mesmas persoas que hoxe alentan esta actitude son os que o resto do ano se queixan dos mozos, do seu alcolismo prematuro (non da adicción en si, só faltaría) e da falta de educación e respecto que manifestan ante os seus semellantes.
A min non me gusta o fútbol, pero aínda non atopei un lugar onde refuxiarme con ben desta marabunta. Calquera saída da cidade condicionaría a miña volta a altísimas horas da noite para non atoparme atrancada, como a última vez, no medio desa maraña rojigualda enfurecida.
Como pedir despois que os nosos mozo se comporten se nós somos os seus modelos??

10 e eu diría máis...:
Levas razón. Como pedir moderación, logo? Tampouco me emociona o fútbol, aínda que recoñezo que ese equipo fixo un bo traballo. Non obstante, non acabo de encaixar tanta algarabía, foguetes e bocinazos, nin que deixen a fonte de dona Concepción Arenal feita un desastre.
Non quero nin imaxinar o que vai atopar meu fillo esta mañá cando chegue a Madrid, xusto para facer o cambio de tren e ir ao traballo!
En fin, e que lle queres?
Bicos.
Eu tampouco entendo por qué divertirse e tirar lixo e facer ruído excesivo.
En nome da "roja" Unha grande e libre: unha nación grande única, unha lingua libre única: castelán) todo está permitido. Pero hoxe xa é luns e o circo só pode continuar ata hastiar aos máis fororos. O poder estimula este modelo de comportamento que é o que lle convén: tipos alienados que só repiten as palabras que outros fabrican. Cidadáns que non esixen dereitos nin unha repartición xusta da riqueza.
Un saúdo
Tampouco son futbolero, aínda que recoñezo que vexo algúns partidos coma o de onte. Defraudoume moito o xogo agresivo dos "tulipáns" e moloume o gol de Iniesta e mailo morreo da Carbonero co Casillas.
O que me deixou en fora de xogo foi tanto abandeiramento españoleiro destes días.
Do botellón berrón xa sin comentarios. Éche o que hai.
a verdade é que tés razón no que dís... é que todo se desmanda moito... está ben celebrar pero sin desfasarse.
biquiños,
Miraino polo lado bó: ata dentro de 4 anos non volve pasar!!
Pois eu non teño castelos irreductibles, un pequeno cerco, un tempiño de acoso e réndome!
:)
xa despotrico contra o fútbol toda a liga, e a copa e a recopa jajaja, así que desta volta deixeime contaxiar polo entusiasmo, pero iso non quita para que vexa claramente o despropósito;
para que me moleste tanta banderola rojigualda (ainda se fose a republicana ;-) )
pero o que me cabrea de verdade é ver como para estes acontecimientos reina toda esta irmandade, unidade, solidariedade; e despois para conquerir algo realmente importante ninguén se pon de acordo con ninguén!
Pero bueno, supoño que nos tempos difíciles, nos momentos onde non hai fe, cando o desencanto polo futuro, ou a decepción polo presente, ou a amargura do pasado, ou simplemtne o borreguismo e a indiferencia nos poñen diante un motivo polo que emocionarnos... é fácil apreixalo, meterse, sentirse parte de algo; serve de esquecemento, e mesmo de catarse!
Agora haberá centos de mulleres desexando que lle dean un bico arroutado coma o de Casillas!
Bicos arroutados para tí tamén, pero sin lingua, salvo a galega!
Eu son dos que pensan que ae que quedar coa parte deportiva,somos campions do mundo mundial e unha vez na vida non fae daño,ou duas.
Saúdos
Bueno, e ben certo que a euforia desmesurada acarrea certas celebracions desmedidas e sobrepasadas que amolan mais que arrancan un sorriso. En fin... eu tampouco vexo futbol (son mais de velocidade e de motor) pero iste domingo si que o vin, quizais os partidos deste tipo si me guste velos (ainda que na casa miranme estranados cando pregunto de que cor van os "nosos")
Biquiños
En Estambul a cousa do fuchibou estivo moooi diluída. Ao voltar houben d tragar con todo o que seguían poñendo pola tele; agora, o debate é o que poñen pola tele.
Enviar um comentário