06/07/10

afiador



Hoxe pasou por debaixo do meu balcón o afiador. Un sentimento nostálxico veu apoderarse de min. había moitísimos anos que non oía o seu chifro nin a súa voz potente berrar iso de "afiador!!". Quizais sexa a crise a que o trouxo de novo percorrer as miñas rúas, ou quizais estivo sempre aquí e era eu quen non tiña tempo abondo para escoitalo. Gustoume sentilo e recuperar esa parte do tempo que esvara entre os meus dedos sen eu percibilo.
Mireino mentres avanzaba lentamente pola avenida. Os meus pensamentos cabalgaron mundos de antano para remontar os presentes e incluso... deterse neles. Non houbo futuros raudos que me atrapasen; só a quietude desa música da infancia que trouxo o cheiro do mar a estas terras de montaña.
Volvín. Non polo mesmo camiño, pero xa estou aquí disposta a degustar o tempo moi devagariño...


9 e eu diría máis...:

Paz Zeltia disse...

onde vai a miña mensaxe???

Paz Zeltia disse...

ufff, este chisme de bloguer!!, xa me pasou onte noutro blogue: despois de escribir un testamento dime que están fora de servicio!!

pois nada,diciache -agora xa con menos entusiasmo- que a semana pasada tamén escoitei eu o afiador, e que pensei que só me emocionaba a min o seu silbato...
¿quén nolo ía dicir verdade?

antes ían con aquela roda, empurrando aquel carro, non sei como irán agora.

algo así

Xan disse...

Lembro o seu chiflo e aquela cantinela de "..amañanse tixeiras, paraugas. ....." Pareceme que Fuxan os ventos tiña unha cantiga que falaba deles.
Aledome da tua volta.
Unha aperta

Chousa da Alcandra disse...

Que curioso! Tamén estivo o afiador (con megafonía amplificadora incluida) por Antas estes días.
A ver se vai ser que eres a miña veciña de enfrente!!!

xenevra disse...

Pois este viña en bicicleta, Zeltia, cun gabán destes azuis de traballo e a roda de afiar na traseira da bici. Aínda así, con ese aspecto de semi-moderno, gustoume oílo. Saín rauda ao balcón para velo ao longo da rúa.
Un bico

Grazas Xan; foron uns días pelín enleados, pero creo que xa pasou todo. Si o teñen no seu reportorio os de Fuxan. Aquí cántano con Xabier Díaz: http://www.youtube.com/watch?v=gc-2FAbQLXI

Este non traía megafonía Chousa. O seu chifro e a súa potente voz foron abondo para facerme deixar o que estaba facer. Creo que pasaría moita calor estes días nas terras da Ulla ;)
Un biquecho

Maribel-bel disse...

Quedo á espera de que pase pon diante da miña ventana(aínda que non creo que sexa o mesmo). Un saúdo..

matrioska_verde disse...

eu hai anos que non os vexo nin os escoito, por tanto... pero acórdomo deles cando era pequena... e arreglaban os paraugas e afiabann os coitelos e as tesoiras... ¡canto fai diso!

biquiños,

xenevra disse...

Aínda que non sexa o mesmo Maribel, pagará a pena deixar as tarefas por un momentiño e saír recuperar ese tempo que esvara entre os dedos.

Había moito tempo, si, que eu tampouco os vía Aldabra. creo que foi iso o que fixo que o momento e a música fose tan especial.

A nena do paraugas disse...

Xa había tempo que non oía falar dun afiador. Deben quedar ben poucos e é unha mágoa, pois nestes tempos de ciberespazo, bótase de menos a cantarela do seu chifre.

Biquiños da terra dos afiadores (afiadoras non había, nin hai).