04/05/10

Vida miña!

Nin todas as calmas preceden tempestades, nin todas as tempestades asolaron a terra. Vivirei na boca daqueles que un día naceron ao mundo baixo o meu acubillo. E construiremos futuro cementado con longas linguas propias.

Entón berrarei forte: berce, acougo, silandeira, vento. Tecerei versos novos no cume do Pindo e sorrirei mirando o sol que se deita no horizonte, dende O Courel a Compostela, coa miña semente liberada.

Iso dixo a lingua coa voz das xentes que se xuntan para cantala ou para facer dela a forza do seu amor.
foto do concerto pola lingua celebrado en Lugo o sábado 1 de maio. Feita por setesoles

E alí descubrín a Emilio Rúa:



11 e eu diría máis...:

Chousa da Alcandra disse...

Joder, que ben o dixeches.
Hai quen para tecer o que ti teces tan ben tecido co fío dos fonemas no telar da lingua, ten que chutarse en vea con varios decilitros de mencía -outros licores moito máis alcólicos son máis perigosos-. Claro que despois a lanzadeira métese por onde lle cadra e a mensaxe final sae como se tercia. Pola contra a ti saiuche un encaixe que nin en Camariñas!

Bicos narcotizantes

(Ultimamente ando tan enclaustrado, que me perdín tamén o concerto de Lugo).

Zeltia disse...

pois a min tamén mo descubriches tí, que non sentira del.
ainda lle bota cojones así en riguroso directo coa sua voz case núa... e que, supoño que cantar ese poema tan fermoso de Celso Emilio debe dar forza.

un bico, xenevra.

BRABIDO disse...

"Mira a luz dun novo dia"

E o que ten o amor,as veces "mata"

xenevra disse...

Narcotixada fico Chousa, embebedadad de viño do país ;) Pois en vez de tanto claustro. Máis aire de maio, que aínda que traia choiva, presta moito. Que saibas que fuches o "corriño" do concerto, todo o mundo veña a preguntar polo Chousa, a ver onde se mete e porque non vén e que fará todo o día enclaustrado... E xa non contarei máis do que dicían (fiúuuuuuuu)

A verdade que estivo moi ben Zeltia, adenais debo recoñecer que a min Mercedes Peón, ultimamente gústame menos. Creo que xa hai demasiado elemento alleo, moita tecnoloxía. O Carlos Blanco, coma sempre, xenial!! Un bicooo

Ás veces mata, pero logo descubrimos que de amor ninguén morre Brabido. E seguro que o amor traerá moitos novos días enq ue seguir amando, sen mesura, con toda a paixón.

A nena do paraugas disse...

Non sei dicir. Puxeches tanta forza en catro palabras que me deixaches abraiada!

Bicos!

Xan disse...

Como deixou dito Uxío Novoneyra: Galiza, será a miña xeneración quen te salve?
Irei un día do Courel a Compostela por terras libradas?
Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!
O teu berro Chega lonxe.
Un saúdo

Anónimo disse...

Coa forza do noso amor, da nosa lingua e da nosa vontade acabaremos coas gaivotas e outras animalias.

xenevra disse...

A lingua dáme a forza toda. Eu sen ela non son nada, nena do paraugas. Bicos garimosos.

E por fin ten Uxío o ano que tanto merece e que non quixeramos darlle Xan. lembro unha vez que lle preguntou un cativo se quería que lle adicasen o día das letras. El respondeu seguro "Non, porque a condición principal é que hai que estar morto". Nunca morrerá. Os seus versos viven por sempre, dunha beira a outra desta terra que tanto amou. Non será nunca inútil a forza do noso amor; seguro.

Así é Kaplan, queremos esas gaivotas lonxe da terra e nós temos a forza toda dos antergos.

Merce disse...

Tocaches directamente no mais fondo da alma...

digoche que si!!!

Graciñas ;)

bicos a moreas

Raposo disse...

A pesares dos atrancos que poñen algúns sigamos tecendo con forza A NOSA LINGUA!!!
apertas

xenevra disse...

A lingua chéganos moi fondo Merce; máis dos que algúns están dispostos a recoñecer. Máis bicos de lingua nosa para ti.

Seguimos a ter lingua de noso Raposo, mal que lles pese.