01/05/10

Outros días...

Un día coma outro calquera, ou case. Sen saber porqué levabas o sorriso nos límites da pel agardando saír en explosión na primeira oferta que recibise. Un aire sosegado percorría o teu corpo facéndoche cóxegas, de cando en vez, nos dedos dos pés. Todo fora ben ata ese momento, ou máis ca iso, nada do que pasara, fixera cambiar o teu estado de ánimo da mañá. Amenceras envolveita nun sol de abril quente coma nos meses de verán. Un sol que agora se espreguizaba vendo chegar a hora do seu merecido descanso.

Xusto cando estabas na porta disposta para saír, soou o teléfono. Dubidaches se volver atrás. Ías co tempo xusto (coma sempre) e a esas horas só podía ser para venderche algo ou... Volviches ao cuarto e miraches o número. Era ela. Un novo sorriso apareceu para iluminar toda a túa cara. Oíches a súa voz no outro lado do fío. Nunca sabería canto a amabas!

- Teño unha dúbida: que é unha marquesiña?

Segura de cal era o texto dos deberes desta tarde, respondícheslle pronta que era unha marquesa pequena, e case saboreaches o conto de Castelao na punta dos beizos. Retrucou un pouco enfadada que non podía ser iso, algo tan obvio teríao entendido ela soa. Explicouche o contexto e entón décheste conta de que estabades a falar de marquesiñas de autobús. Iso si. Iso si cadraba ben na oración. Medrando na cara aínda máis a felicidade pola súa satisfación, pediches o teu bico grande de despedida, eses dos que...

- Sabes? - dixo sen deixarche apenas rematar - Gústanme as violetas do Teide.

Toda a tenrura do mundo tivo cabida no teu corpo, que pareceu agrandarse para non deixar ningunha fóra. Miráchela cos ollos da lembranza próxima e amáchela aínda máis (non moi segura de se iso sería posíbel). Parou o tempo e as présas desapareceron. Como un eco a súa voz rebotaba nas violetas do Teide. Víraas nun libro. Aí vai un bico con sabor a océano. Chaoooo!!

Certamente hai días en que nada malo pode pasar. Saíches soñando violetas que nunca viras pero que sabías que xa non serías quen de olvidar. Violetas do Teide para a pequena que pinta mundos de colores coa súa paleta, aínda que non lle apeteza, polo de agora, usar as acuarelas.



Para a miña A. que pinta soños cada día para min.






11 e eu diría máis...:

Xan disse...

Un día calquera é cando ocorren as cousas mais insospeitadas. Esas pequenas cousas que nos fan ver as cousas diferentes, que nos desbordan os soños, que nos espertan a imaxinación.
Un saúdo

BRABIDO disse...

Podese chamar ter un "dia redondo" xa que se te encontras con ansias de "comer o mundo" e non te chaman pa romperche a cachola se non quen te chama dache "animos soñadores" que mais se pode pedir.

Oxala teñas moitos dias asi.

Anna Mora disse...

Les violetes precioses ,el vídeo i la musica m'encanta ... el text també , però no ho entenc tot i hem sap greu !!!!
Salutacions des de Catalunya .
Anna
Gràcies per la visita !!

Chousa da Alcandra disse...

E que unha blogueira que ten de fondo unha cor tan suxerente, tiñan que gustarlle as violetas do Teide, raio!!!.

Que A. che siga pintando soños e sorrisos así de grandes sempre, para que, cando te lemos, vexamos o zume desa sonrisa.

Un bico de maio.

xenevra disse...

Un día calquera, calquera día. Só temos que saber miralas e recibilas ás mans cheas. Outro saúdo para ti Xan.

Certo Brabido, non se pode pedir máis. E quen o faga é un ousado. O mesmo desexo eu para ti, que saibamos mirar cos ollos do corazón e nos deixemos de tanta leria inútil. Moitos días de violetas nos beizos!!!

Gràcies a tu per arribar fins aquí, Anna. Espero que al menys l'essència del text si t'hagi arribat, com el color de les violetes o la veu de Toquinho. Hi há en el marge dret un enllaç a un tradutor, que pot servir en algun cas, i si et puc ajudar en alguna expressió "et tiro un cap" (Ja em diràs com és l'expressió catalana per dir això).
Un petonet i gràcies una altra vegada pel viatge de tornada.

Pois fíxate ti Chousa, que cando A. me dixo iso (porque esta vez, e sen que sirva de precedente, o que conto, pasoume) non tiña nin idea de cales poderían ser esas violetas. Logo cando as busquei na rede (de onde chorimanguei a foto) xa as recoñecín. E si, parece que as dúas temos preferencia polas violetas do Teide; A. de forma consciente malia os seus 11 anos, e eu de forma totalmente inconsciente, propio de min :(
Bico con mil primaveras

Carlos de Galiza disse...

Gosto nova amiga deste teu blogue qué é uma gota de sensibilidade nesta tarde aborrecida e trite, a seguir co teu intento de alegrar o dia, saude e língua!

Zeltia disse...

Toda a túa entrada ésta, envólveme en ternura, dende o conto de castelao, ata a canción o vídeo, e sobre todo as túas palabras.
Como tí dis, teño que agrandar o corpo para que me quepa...
que cousiña bonita...

xenevra disse...

Se serviu para poñer un pouco de sol no día gris, xa estivo ben xosé carlos. Que nunca perdamos a lingua nin a terra!!

Moitísimas grazas ZELTIA polo teu cariño nas palabras.

Anónimo disse...

Só desexo que o seus días coma outros calquera sigan producindo textos e violetas coma este.

matrioska_verde disse...

gústanme moito máis estes outros días, donde vai parar... deume un calafrío asi de amorosidade...

e todo me ule a esas flores que aínda que non as coñezo, de seguro ulen ben.

biquiños para as dúas.

xenevra disse...

Moitas grazas polo desexo e as palabras, Kaplan

Vaia que gustan máis, Aldabra. o importante é que os atrapemos ben e non os deixemos pasar como se non fosen. Bico