
E naceron primaveras en cada paso arrombando as pedras dunha cidade milenaria. Espertaron as letras que conforman a nosa historia, a nosa literatura, con sete vogais, con gheada, con acentos que enchen mares e agrandan montañas, sementadas en milleiros de ríos que son patria, que son pais, que son sabiduría dun pobo que non quere morrer soterrado na mentira.
As fotos son de setesoles (coma sempre), que me aforra ir eu cargando coa cámara. A que posa, sen sabelo, unha menda ao lado do seu irmán e da súa cuñada ;)
As fotos son de setesoles (coma sempre), que me aforra ir eu cargando coa cámara. A que posa, sen sabelo, unha menda ao lado do seu irmán e da súa cuñada ;)




10 e eu diría máis...:
E por aí andei eu coa familia.
I eu tamén (vexo que Setesoles subio ás escaleiras coma min para ter unha boa vista e non perder detalle
eu dende aqui
unha festaza: rinme, cantei e brinquei, con taquicardia e todo, malia a calor! e o mellor... a emoción
Nunca foi fácil recoñecen que as vontades son libres. Hoxe un aturuxo e unha apertiña.
Parabéns polo post: vibrante e optimista, pero ao tempo teimudo, como cómpre.
Dende o Caurel a Compostela: Uxio por sempre, o galego para sempre!!!
Paideleo, Moitísmas familias percorrimos Compostela nun día grande para as Letras, para as nosas letras.
Fostes capaces de estar un ao carón do outro berrando ao mesmo son,Zeltia. Eu choutei e bailei cos setesoles que me acompañaban e cheghei mortiña de calor, pero coa alegría na gorxa.
Moitos aturuxos Maribel quedan aínda por saír das nosas bocas ;) Un bico lingueiro.
Grazas Kaplan, non podía ser doutra forma. Malia o que algúns pretenden, aínda nos queda moito por dicir.
Así o é Raposo, por sempre!!!
Sempre, sempre teremos algo que nos una co mo galegos, as nosas, a nosa lingua, a nosa cultura, o noso territorio, as nosas tradicions, o noso GALEGO!
Bicos
Nin quietos quedemos, que isto compre seguir movéndoo.
Cos azos que da ver ese xentío, coa forza que emanan...é non poden tumbarnos!
Bicos dende o día despois
Pouco a pouco, paso a paso, pola Lingua, desde lonxe e de cerca...
Agora xa queda pouca xente no agro que a manteña viva e tócanos andar a nós.
Bicos con lingua, pola Lingua.
O galego une Hugo coopel, suma e multiplica, malia as ansias de dividir amosadas por outros. un saúdo
Movernos a ritmo de muiñeira, a ritmo de país, cos sons que nos conforman e que viven nas nosas voces dende hai milleiros de anos. Coa forza da palabra, Chousa Bicos de futuro
Pouco a pouco pero con moito xeito nena do paraugas; sen perder o pé. Temos xente abonda no agro, no mar, nas cidades; Galiza segue viva!! Bicos con lingua longa!!
Enviar um comentário