Tras os comentarios que foron xurdidos na entrada anterior parece que temos material (máis ben, inmaterial) para un fondo debate sobre o amor, a maneira en que amamos, as persoas que amamos, como nos gusta amar, como quereriamos ser amadas...
Unha vez preguntoume un amigo: "Que prefires, amar ou ser amada?" A miña resposta, naquel momento, foi clara e contundente. Hoxe non sei se sabería que responder. E por se estades pensando en poñer iso de "amar e ser amado", fixédevos que esa opción foi, maliciosamente, eliminada ;)
Unha vez preguntoume un amigo: "Que prefires, amar ou ser amada?" A miña resposta, naquel momento, foi clara e contundente. Hoxe non sei se sabería que responder. E por se estades pensando en poñer iso de "amar e ser amado", fixédevos que esa opción foi, maliciosamente, eliminada ;)
Unha canción que eu amo...




15 e eu diría máis...:
Palabras para Julia é a miña canción dende os 16 anos, cando a versionábamos a guitarra, xunto con ´"Ojalá" de Silvio Rodríguez. O amor, deixa que o reinventemos cada día, son partidaria de amar e de que me amen, da intensidade, da sensualidade,da entrega, da sinceridade dos corpos, do mutuo acordo de non agresión..todo caldeado cos ingredientes da naturalidade, sen tentar facer medicións do tempo. "Gústasme cando dis o amor". Un saúdiño
Amamos, moitas veces, aquilo que pola súa natureza nos é negado.
pois queridiña, vaia pregunta! que,por certo, e moi estendida, como esoutra de a quén queres máis a mamá ou a papá :-)
Non é cousa de preferir: Non podemos facer que alguén nos ame,
e non podemos tampouco prescindir da necesidade que sentimos de querer.
Ufff vaña dilema miña amiga,"ser ou non ser".o amor e cego e tonto,pero e un momento na nosa vida dificil de olvidar,ou si?.
fai mil anos que non escoitaba esta canción, gracias por recordala.
bicos,
Amamos, moitas veces, aquilo que xa perdemos
Houbo acordo na canción ;), ben!!!
Eu tamén son partidaria do amor Maribel, de calquera tipo, en calquera forma (incluso de galleta), e da maneira en que ti dis. Oxalá desaparecesen os reloxos!!
Pois si nenan do paraugas, que entendo que máis ou menos é o que vén dicindo Xan (máis ou menos). Amamos o que non podemos ter, ás veces só polo feito de que, ao non telo, idealizámolo. E percibimos máis claramente o noso amor por aquilo que perdemos, tamén endozado pola idealización do que xa marchou e non vai poder ser. Eu sempre comento que estou namorada de Manuel Rivas, de Ricardo Darín, incluso, no seu tempo de xogador Scola, porque podo imaxinalos como eu queira, podo idealizalos e é por iso, que non me gustaría coñecelos e descubrir que... Recordo un poema de Mª Xosé Queizán:
A amante nunca ten dentes postizos
graus no nariz
pelos nas coxas
gorduras nos cadrís.
Á amante nunca lle inchan os ollos ao dormir.
O poeta ama a perfección
non te ama a ti.
Es idealización
mito
metáfora da metáfora.
De non seres perfecta como te amarían?
Pero ben, o certo é que non amamos a perfección máis que na mente ou na literatura. O noso amor vai máis aló dos tópicos, e só amamos cando somos conscientes da suma da persoa/s amada/s.
Esa é a mágoa zeltia que nos leva a eterna dúbida, ao eterno dilema como dicía brabido. Pero... cantas voltas non lle damos a isto de amar, do amor, do querer, do apreciar, do estimar...?? Cantos verbos para graduar e tentar matizar o sentimento. Curioso, ou??
O certo é Brabido que, pola miña idade e condición namoradeira, amei tanto e a tantos, amo tanto e a tantos, que ás veces me sorprende a capacidade da miña mente para lembrar o sabor de cada un deses recordos. Lembro agora un momento sublime (para min) na peli Chocolat en que namorei como unha tola da mirada do Johnny Depp; aínda hoxe chisporrotean os ollos ao lembrar aquel momento. Dos que foron algo máis reais... o sabor recende cada momento coma auga de san Xoán, aissssss!!!
Cantas cancións que temos tamén gardadas na memoria, verdade Aldabra?
E non sabemos se o amamos porque o perdemos o porque o tivemos, Xan
Moitas grazas a todas e todos por participardes neste intercambio de opinións (isto non quere dicir que rematara, eh??). Tantos libros, tantos tratados, tantos filmes sobre o amor... por algo será ;)
O dos verbos para graduar e matizar o tema, como tí dís,
paréceme moi interesante.
cantas veces se tén un sentimento por alguén para o que non existe nome no diccionario social...
i as veces un deles pregunta:
"entón eu, qué son de tí, qué és tí de min?"
e un non ten resposta, porque él/ela non ten nome para un...
porque qué nomes hai?:
marido/muller
noivo/noiva
amantes
amigos
compañeiros
coñecidos
veciños...
pero todos eses nomes pode abrangalos unha soa persoa
ou ter unha mestura de varios, e non de todos, pero dende logo as asociacións son moitísimas máis que as que aparentemente se poden facer.
Non sabería responder: probablemente quero mellor quedar como estou, si, mellor.
A min, definitivamente, anóteme no grupo dos : non sabe.
É que unha soa persoa, unha soa persoa, pode espertar en nós tantos sentimentos diferentes en apenas un segundo que... non hai dicionario nin linguaxe que o rexista, zeltia.
Difícil cando nos dan a escoller, non si Kaplan? Pero hai veces en que hai que facelo. Mais tamén é certo que para adiantar acontecementos. Cando teña que ser, será ;)
Había unha canción de Gabinete Caligarionde falaba dos que "non saben non contestan... e somos máis dun millón" jajajajaja. Sen dúbida é un bo grupo, Seymour
Que dilema.
Amar é fermoso, doce, atronador, forte, potente, garimoso, desexable...pero se non hai correspondencia é unha carallada!!!
Eu quéroo todo. Xa. E co xornal se pode ser, e un pinchiño ;))
Pero que non me agobien, eh? E a ver a qué horas, que o sono é o sono. E o furbo que non mo quiten. E o CSI tampouco, non amoles. E a ver, dalo todo,todo, o que se dí todo... pois con qué te quedas daquela?
Digo eu se non será máis ben cousa da distancia que hai entre o "Unha vez" e o "hoxe", e o "mañá". O tempo. Un gamberro revirado que converte calquera escolla nunha temeridade.
Digo eu, pero cáseque me apunto no grupo dous tamén. Agnóstico, que non escéptico. O amor é o motor de todo. Mesmo dos autobuses, anque pareza outra cousa.
Bicos. Amorosos. Podo, ou?
O amor é o que é, moitas veces nubrado por unha entrega incondicional imposta. Outras veces furtivo e silencioso, pero intenso fiel. O amor é un misterio que só se pode manter vivo con sorrisos e licencias poéticas, con aloumiños agochados, con certezas incertas, con sonos reparadores e vixias inquedas.
Pois iso.
Quen é capaz de seguir camiñando sen el?
Pois iso, Chousa máis claro, imposíbel ;)
Certo que o do tempo adoita estragalo todo setesoles, empeñamos en querer ata sempre, dende sempre, por sempre, como nunca... Esquecendo a paixón toda do segundo que estamos a gozar. E logo... quen asegura que exista logo? se os teus bicos non fosen amorosos, protestaría (icona de reñer). Muakk
eu non camiñaría sen el, nenadoparaugas, pero se mo permites agora vouno levar envolveito xunto coas túas palabras. ;)
Enviar um comentário