E falando do amor xa está perto o mes do correlingua, o mes en que reivindicamos que temos lingua propia, lingua de noso e queremos / desexamos / amamos vivir nela, con ela, entre ela, aprol dela, cara ela, tras dela, fronte dela.
E aínda que nos gustaría non ter que saír á rúa para deixar isto ben clariño e berralo moi alto, hai que facelo. A rapazada de Galicia lémbranos aos maiores que eles queren tamén ter lingua de seu, poder amar en galego, enguedellar as súas linguas galegas, soñar en galego...
E depende de nós que isto siga a ser así. Se transmitimos o noso orgullo, o noso amor, eles atraparano; pero ten quen ser con forza, con raiba, con paixón (xa o dixo Chousa no comentario da entrada anterior), sen covardía. Os amores ciméntanse na paixón e precisan dela. Ninguén queriamos amar sen ser amados, non? Pois o mesmo lle acontece á lingua. Ela dános todo: os xeitos, os xestos, os sentimentos desvocados, as paixóns contidas, os olas, os ata logo, o quero verte, a ilusión, a palabra case exacta no momento preciso... Porque sen nós non é nada, esmorece, desaparece, como os sorrisos do noso rostro cando o vemos marchar e sabemos que nunca máis volverá dicir: "ámote".



5 e eu diría máis...:
Despois desta explosión didáctica tan sublime, eu so teño un xeito de amosar a miña admiración polo ben que o dis: guau!
(Oes, o cartaz do Correlingua moito semella ó do Circo do Sol en Compostela destes días. Víchelo?)
Bicos con forza
Nada que engadir, agás que creo que a Lingua Galega ten que se sentir moi orgullosa da paixón, agarimo e admiración que pos nestas palabras.
Parabéns!
Bicos.
Moito me gustou o manifesto, non me estraña que ganara!
está moi currado con tantas referencias, e tanto amor (ainda que non con tanta paixón como lle botas tí á túa postaxe de hoxe, jaja pero ben podes, que de seguro que o idioma che corresponde na túa entrega, con todas as verbas aloumiñadoras que tén!)
Unha vergoña que non estea apoiado o Correlingua pola Secretaría Xeral de Política Lingüística!
E cando un di guau, a outra que responde?Agora creáchesme un conflito de idiomas... Isto pasa porque como eu non son da época do decreto non teño destreza en idiomas estranxeiros :( Terei que ir falar co señor "Habichuela" para que faga un curso para maiores de dominio de linguas di-versas.
Para o circo do Sol pensei que xa non había entradas, pero onte díxome un amigo que sacaran máis á venda, así que quedei coas ganas e sen necesidade. O cartel si que lle ten un aquel, Chousa, se cadra foi fonte de insrpiración para deixar choutar a lingua este ano ;) Un bico sen fumes
Somos nós quen estamos moi orgullosos de ter lingua de noso, nenadoparaugas. Agora só nos falta levar ese orgullo por diante ;). Bicos con lingua propia e orgullosa.
A min tamén me gustou moi to o manifesto zeltia, e sobre todo, nestas actividades, o que máis me gusta é ver que os rapaces fan futuro, con sentimento. Do da Consellería... é así. Non se esperaría outra cousa. E se logo non sacan unha noticia dicindo que o profesorado manipula e obriga á rapazada a facer estas cousas aínda menos mal. Algunha vez houbo en que se pediran explicacións desta actividade. Menos mal que sabemos que o futuro non está neles. Un biquiño
Nesas tamén andamos nós por aquí, non só no do amor á lingua (que por suposto) senón no do Correlingua: a tradición manda e o compromiso hai que transmitilo
Enviar um comentário