27/03/11

Ausencias



Derivadas dubidosas dunha ausencia rutineira que se enlea con Saturno en disquisicións vacuas.

- Acaso queres dicir...?
- Se quixese dicir, tería dito. Só quería saber como soaba a ausencia.
- E xa o sabes?
- Creo que si.
- Marcharás outra vez?
- Quen pode comprometer o mañá?

Miráronse nos ollos da outra e entrecruzaron os dedos. Susana tiña medo de volvela perder, pero sabía que nada podía facer para evitalo. Apertouna moi forte contra o peito e acariñoulle o pelo na cadencia da música, coa suavidade do fondo do océano.

Derivadas certas dunha presenza aleatoria que esvara polo peito de Saturno en miradas plenas.


Apanhei o vento vi o coreto tão cheio
enchendo de sono e comigo lá no meio 
Vi correr as velas como folhas de um diário 
dei a volta à terra conduzido por corsários 
e por fim cheguei à ilha onde o meu amor morou 
(Esta é a música que eu escoitaba, mais que non atopei pola rede: Joao Afonso, Pó do armário in Barco voador)


9 e eu diría máis...:

A nena do paraugas disse...

A ausencia é dura de levar e aínda levándoa, ás veces non é boa compañeira.

Un bico.

Xan disse...

As ausencias soan como redobres de tambor no corazón.
Bicos

Merce disse...

"Quen pode comprometer o mañá?"

A certas preguntas, gustariame atoparlle respostas :)

Biquiños!!!

Paz Zeltia disse...

Escoitei un fragmento da canción que dis :) mais a de Jorge Drexler tamén da gusto.

Faime soñar este párrafo:
Apertouna moi forte contra o peito e acariñoulle o pelo na cadencia da música, coa suavidade do fondo do océano.

Alédame verte, despois de tempo ;-)

xenevra disse...

A ausencia sempre deixa baleiros, nena do paraugas, pero ás veces é necesaria. Un saúdo

E como soan, meu poeta!! Forte e contundente.
Un bico afectuoso Xan, que non haxa moitas ausencias.

O mellor dalgunhas preguntas Merce é que non teñan resposta ;)
Bicosss

Tes que escoitar a de João Afonso (podes facelo no spotify), porque é un soño navegábel.
A min tamén me gusta volver. Botávos de menos... e as letras.

Paz Zeltia disse...

aquí no traballo non me deixan instalar o spoty,
pero farei un nó no dedo para non esquecer e escoitala na casa. E que aquí busquei en internet, pero só me deixa escoitar un fragmento.
:-)

Raposo disse...

De ausencias coido que sabe mais Penélope que Saturno!

matrioska_verde disse...

unha música doce... e unha mirada que parece que quere ficar.

biquiños.,

xenevra disse...

Raposo: Saturno foi máis espelido e acabou co problema de vez. ;)) A Penélope non lle quedou outra que gardar a ausencia.

A mirada fica Aldabra, e as palabras, e os recordos...
Un bico