02/04/10

O centro dramático como vodevil



Copio a continuación un artigo de Inma López Silva sobre o CDG. (Non é que eu estea na seca, e que estou á procura do blogue que alicia foi escribindo para ver se así desvelamos, as/os que estabamos intrigados, algo máis dela ;))

Coas ínfulas innovadoras propias dos cambios políticos, á Consellería de Cultura e á Agadic ocorréuselles que a fórmula para nomear responsable do Centro Dramático Galego sería un concurso público, baixo a falsa crenza de que todos os concursos son transparentes. Non sabían, por certo, que se ese modelo de xestión só se aplica a museos é por algo. Quizais polo mesmo motivo polo que ninguén se anima a levar a concurso a dirección da TVG ou da propia Agadic. O concurso convocouse e, seguindo a austeridade marca Feijoo, o salario anual do técnico e as esixencias formativas lograron botar para atrás a candidatos excelentes, pouco afeitos a pór o seu prestixio ao servizo de gobernos, e sempre capaces de vender o seu saber a quen o saiba valorar. Así que o rumor do concurso deserto é a conclusión lóxica de toda esta trapallada. Por certo, que para pór a guinda, uns profesionais (aproveitando tanta transparencia) piden agora o nomeamento directo dunha das candidatas, así, pola cara. Todo isto débese a que Consellería e Agadic creron que a xestión do teatro público en Galicia estaba chupada, e enriba, pecaron por desconfiados. A ver se aprenden que aínda hai quen non vende os consellos por un prato de lentellas. Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado

PS: Sempre fun unha covarde, de non ter sido tería sido teatreira; é o meu. E ti?

9 e eu diría máis...:

mariajesusparadela disse...

Gústame eso de austeridade do señor Feijóo (austeridade para que non se nos desgaste a lingua propia, que no dos autos...)

Jose Ramon Santana Vazquez disse...

...traigo
sangre
de
la
tarde
herida
en
la
mano
y
una
vela
de
mi
corazón
para
invitarte
y
darte
este
alma
que
viene
para
compartir
contigo
tu
bello
blog
con
un
ramillete
de
oro
y
claveles
dentro...


desde mis
HORAS ROTAS
Y AULA DE PAZ


TE SIGO TU BLOG




CON saludos de la luna al
reflejarse en el mar de la
poesía...


AFECTUOSAMENTE
XENEVRA

ESPERO SEAN DE VUESTRO AGRADO EL POST POETIZADO DE EL NAZARENO- LOVE STORY,- Y- CABALLO, .

José
ramón...

Chousa da Alcandra disse...

Boeno, eu comparto ser teatreiro coa miña covardía disfrazada de timidez, e non vexas ti -entre bastidores- a cantidade de compañeiros que che somos...

Se atopas o blogue de Alicia da un berro, que esa rapaza tenme máis intrigado que a "austeridade marca Feijoo".

E, para rematar o sermón, direi que a cor da túa bitácora vaille que nin pintada á Pascoa esta...jajaja

Un bico

Paz Zeltia disse...

pois xa se vai convirtindo nun costume que non lle dea eu collido o sentido a moitos post:_
non entendo que ten que ver ser covarde con nonpoder ser teatreiro. De seguro que hai o mesmo número de covardes entre os teatreiros que no resto da poboación.
¿non?

do tema político, os concursos e o CDG non teño nin idea, levo tempo preguiceira, (e desencantada) e incapaza de antender a tantos frentes, así que o que chamamos "información" -que non existe tan pronto estás uns dias fora da circulación- e algo do que estou pasando o que podo.

bicos desinformados

Anónimo disse...

Iso demostra a catadura das nosas autoridades: non é o mesmo dirixir un centro público de teatro que facer unha autostrada. Non é o mesmo Miraxes que Luar (e iso que nin o bipartito puido co Gayoso)
Saúdos

vintxuca disse...

Outra mostra máis do ben que sen fan as cousas e do pouco trapalleiros que son algúns... bikos dunha tearteira crónica!!!

xenevra disse...

Fíxate mariajesus que nas bases non pedía o coñecemento do idioma. O CDG naceu como elemento para normalizar este ámbito da nosa cultura, sen moito tino, é certo, na escolla dalgunhas obras ou directores (lembremos a polémica por representar a de Valle en español).
Co enterior goberno non só se "sibvencionou" a esta compañía, senón que moitas das alternativas foron quen de acceder a algún tipo de axuda (así como no ámbito cinematográfico). O primeiro que fixo o goberno Feixó foi retirar esas "axudas" á nosa cultura (en Galiza hai máis dunha lingua, di); e agora mercadean co CDG a ver quen é o mellor postor ou que máis votos pode atraer.

Grazas polo poema José Ramón e as fermosas palabras sobre o meu blogue.

Do da cor nin penso responder Chousa, grrrrrrrrrrrrrr Teatreiros covardes debemos ser abondos, por iso admiro tanto as iniciativas de todos aqueles que non o son; de todos aqueles que espallan a nosa cultura a berros polos escenarios (incluso recollendo Goyas máis q¡ca merecidos). Seguro que entre bastidores tamén facemos mundo ;)

Zeltia o de covarde é porque son incapaz de subir a un escenario representar un papel (aínda que no fondo é o que facemos cada día). Pódeme o que se chama terror escénico, o ter a certeza que te miran, que esperan algo de ti. Entre os teatreiros haiche moito tímido que aproveita ese recurso para saír do caparazón, iso si.

Cantísima razón tes Kaplan. Creron que era chegar e arrasar con todo o que significaba terra (apropiome do post de Chousa) e eliminar a eito os programas televisivos que nos dignificaban. Logo diso, acabar co teatro e o cine, non vaia ser que...

E como envexo eu a estas teatreiras crónicas ;), vintxuca

xenevra disse...

mariajesús quedou en alternativas só, porque vai máis rápido a mente cós dedos. Referíame, como xa divinaches, a todas as compañías de teatro non "sufragadas" de forma oficial, a todas esas que naceron na sala Nasa ou na antesala de calquera rúa ourensá, ou que fan "falcatruadas" polos noso escenarios adiante ;)
Aissss, son un desastriño :(

A nena do paraugas disse...

O teatro é o mellor medio para vencer a covardía.