06/04/10

O blogue de Alicia

O acaso, e o enlace a unha foto que eu tiña no flickr, levoume a topar, dun xeito totalmente casual, o que levaba buscando dende había días; dende que zeltia explicitou que faltaba algo, dende que eu notei que quería saber máis de Alicia, dende que a curiosidade compartida nos levou á necesidade de saber se todo oq ue contaba o home da ventá era o que sentía, o que vivía a muller do outro lado da fiestra.

Fica aquí, pois, para quen lle interese, un enlace ao blogue persoal de Alicia

Require moita paciencia para ser lido, escoitado, porque son moitos os días que ela escribiu no seu blogue. Tan só chegaran a nós os últimos días.


13 e eu diría máis...:

Maribel-bel disse...

Unha decisión aplaudida pola miña parte, fotos, palabras, a cor do seu blog...todo é axeitado para os momentos que gardamos as palabras no caixón e non sentimos ganas de unilas pero sí de poñer nome os silencios. Un biquiño.

A nena do paraugas disse...

Ese blog ten moita miga... demasiada, diría eu. Pero é un pracer lelo.
Bicos varios.

Chousa da Alcandra disse...

Pareces unha maga sacando coelliños do chapeu. Dende logo a descuberta ten moito miolo. Haberá que profundizar con tempo.

Bicos máxicos

xenevra disse...

Debo recoñecer que, aínda que eu non esperaba este blogue de Alicia, si me sorprendeu Mari-bel. Gustei tamén do deseño e demorei demais no contido, ese foi o tempo que vos levo de vantaxe ;)

nena do paraugas, si que me deu moito para ler, ás veces escoitar, ás veces premer nas imaxes, pero gostei e demorei en cada unha delas coa sorpresa de descubrir unha Alicia que en nada se parecía a aquela mixiricas que eu imaxinara tras o que nos contara o home da ventá.
Beixiños

Boa relación, meu Chousa, nunha soa frase enguedellas a Maga co coello. Pero ela "andaba sen buscalo, sabendo que era por encontrarse", mentres o coello era teimosamente perseguido e nunca atopado ;)
Gusto dos bicos máxicos, por magos e meigos... e, ás veces, rexoubeiros.

matrioska_verde disse...

moitas gracias polo enlace, encantarme lelo nun ratiño libre e xa che contarei.

dendo logo o que vín gustoume moito... comezando polo encabezado: Hopper é un dos meus pintores favoritos... e esa imaxe en concreto, que si non recordo mal chámase "Automat", deume para escribir un micro, fai tempo.

parece que Alicia e mais eu temos algún gusto común.

biquiños,

Xan disse...

Unha fermosa descuberta como un buraquiño o coraxón mesmo de Alicia. Cunha fermosa Viatge a Itaca de Luis Llach, un dos meus musicos preferidos.
Un saúdo

xenevra disse...

Creo que compartimos un pouco este gusto tan disperso de Alicia Aldabra que é quen de levarnos dende o cabezallo de hopper, ata Kandisky, pasando polo soño de Fuseli. A pena é que nos laterais non van os enlaces ás páxinas, pero si están as obras orixinais e as páxinas de onde foron obtidas en cada unha das entradas.
Pasarei con vagar buscar o teu microrelato hopperiano ;)

Xan Quen non faría unha viaxe a Ithaca, ou a calquera outro lugar, enguedellada na voz marabillosa, nos versos sublimes e nas recreacións margníficas de Lluis Llach? Non medrei con el, medrei nas súas cancións, nas súas escollas.

Espero que todos e todas gocedes polo menos un pouquichiño co blogue que Alicia nos deixou.
Un beixo dende este lado do espello

matrioska_verde disse...

déixoche o enlace para que podas ver o Hopper que deixei no meu blog...

http://congoyyo.blogspot.com/2008/12/mis-cuadros-ii.html

na marxen ezquerda do meu blog figuran as Etiquetas do blog, Hopper pertence a "Pinturas", por si queres votar unha ollada ós outros pintores.

biquiños.

p.d.: aínda non tiven tempo de ler o blog de Alicia, pero leereino.

xenevra disse...

Non te/vos preocupedes polo de ler o blogue de Alicia. O certo é que quizais quedase longo demais, ainda que fixen algunha pequena trampa enchendo con poemas ou cancións. Tan só se trataba de seguir o xogo literario e aproveitei que tiña un pouquín de tempo e alá foi.
Grazas, Aldabra. marcho enlazarme ao teu hopper.

matrioska_verde disse...

Aldabra, como Alicia, tamén sufriu moito. A chegada de Congo á sua vida fíxolle moito ben:

http://congoyyo.blogspot.com/2008/05/y-un-da-empec-escribir.html

pola tarde, cando vín a tua contestación na entrada de Hopper, recordei que tamén outra vez escribín un texto no que formaba parte un cadro de Hopper.

non sei, os cadros deste pintor fan mella no meu ánimo... tal vez é o reflexo da soedade das almas.

http://congoyyo.blogspot.com/2008/05/miradas-perdidas_11.html

vou polo post nº 23 de Alicia, e maravíllasme co bó traballo que fixeches, ata agora... de seguida vou ler o resto.

así de primeiras decirche que teño un Clío granate, como a Alicia tamén me gusta esa cor.

e tamén gústame María Lado, de feito cheguei a coñecela, veu un día ó Obradoiro... ¿non che encanta o poema de Cuqui, o oso de peluxe?

biquiños,

matrioska_verde disse...

¿paralelismo?
¿empatía?

Alicía ben podería ser eu mesma:

http://congoyyo.blogspot.com/2008/02/eugenia-grandet-y-yo.html

matrioska_verde disse...

pois xa rematei de ler o blog... e hai alguns textos que me pareceron maravillosos, literariamente falando, non no contido dos mesmos xa que hai moita tristura.

biquiños,
un pracer ter chegado ata aquí.

xenevra disse...

Primeiro de todo, grazas polo recoñecemento de Aliciae por deixarme as miguiñas de pan tan ben distribuídas.
María Lado?? O poema de Cuqui?? María é xenial, tiven a sorte de tela na I semana da poesía que organizamos, e xa daquela o poema de Cuqui foi un éxito entre a rapazada. Sei que gustas das seres, non teño fotos delas, pero teño a foto do poema de Cuqui expresado polo alumnado de 1º bac deste ano e aquí queda o vídeo da semana que estivo ela (aínda que pon Kiko e Antía son ela e Igor Lugrís).