07/04/10

Hoxe concentración en Compostela

Queremos Galego convoca concentración de urxencia contra o decretazo este mércores 7 de abril


Este mércores 7 de abril ás 16.15 diante da sede do Consello Escolar de Galiza (Rúa San Roque, 2), en Santiago de Compostela


Coincidindo coa reunión do máximo órgano consultivo da comunidade educativa, na que se debaterá o proxecto do goberno

O que máis me doe é que non sei se poderei estar alí. Acabo as aulas ás 14:30 e teño un curso en Lugo ás 18:30. realmente vou pillada de tempo. A ver s epodo artellar algo para estar alí.
Se algún de vós está, non esquezades contarmo (aínda que rabuñe o chan cos dentes pola envexa que me dará o terdes acudido)


saúde e terra

5 e eu diría máis...:

Chousa da Alcandra disse...

Ai, pero logo ti non sabes empregar a teletransportación nin tampouco eres ubicua?. Bah, ó final vas ser humana, coma min...

Xan disse...

Que tristura de País cando as xentes teñen que sair as ruas molladas para defender a súa lingua nai.
Un saúdo

xenevra disse...

Mañá veremos na prensa como foi todo. polo de agora non tiven noticias de como foi.
E o peor é que creo que tampouco poderei ir ao festival en Pontevedra. :(

A nena do paraugas disse...

Tamén a min me doeu non poder estar alí, pero os meus compañeiros e compañeiras de Compostela fixeron ese labor por min. Por se che interesa, deixo o enlace á web do STEG no que aparece un comunicado do seu Secretariado Nacional, referente a este tema.
http://www.stegsindicato.org/

Paz Zeltia disse...

muller, xenevra, non te disgustes; non se pode estar a todo. ti aportarás o teu gran noutros momentos que outros non poden!
(A hora non foi a mellor para moita xente!)

seguindo o teu baner do festival, puxen tamén o enlace no meu blog.
a min tamén me gustaría ir, veremos como cadran as cousas.

biquiños.