E xa temos as primeiras reportaxes sobre a presentación das 55 mentiras, todas elas impresentábeis (as mentiras, eh??).
Setesoles xa nos deixou onte pola tarde a súa reportaxe en O Barco de Valdeorras... (aquí está)
E xa temos noticia de Melide, con emoción (aquí)
Súmase a Coruña coas palabras de zeltia (aquí) e as imaxes que nos trouxo (aquí), onde se pode ver, pelín agochada, a vintxuca.
De Chantada traio algún foto (non moi boa, pero por falta de luz hehehe), e moito ánimo de toda a xente encontrada alí, máis de 50 persoas, e folgos mozos que veñen turrando forte.
Setesoles xa nos deixou onte pola tarde a súa reportaxe en O Barco de Valdeorras... (aquí está)
E xa temos noticia de Melide, con emoción (aquí)
Súmase a Coruña coas palabras de zeltia (aquí) e as imaxes que nos trouxo (aquí), onde se pode ver, pelín agochada, a vintxuca.
De Chantada traio algún foto (non moi boa, pero por falta de luz hehehe), e moito ánimo de toda a xente encontrada alí, máis de 50 persoas, e folgos mozos que veñen turrando forte.
(ben, eu estaba ao das fotos)
escoitan atentamente as intervencións dos asistentes.
Un fluido e interesante intercambio de ideas.
Un proxecto ilusionante, esperanzador, con voz, para berrarnos que as mentiras repetidas non se convirten en verdades, que hai respostas, que temos argumentos e... que non estamos tolos por defender o que é de noso.
-----------------------------------
Engado o enlace a un artigo do Xornal que nos recomendó Zeltia
Se vos parece adecuado, engadimos / engado os enlaces, ao igual que fixen co de setesoles para xuntarmos todas as reportaxes que poidamos.




19 e eu diría máis...:
Unha ledicia ter participado nesta festa da lingua. Na resaca do día despois, en troques da habitual dor xeneral, sinto aínda máis ledicia!.
(Os meus contactos non me enviaron as fotos prometidas nesta hora. Pero tereinas)
Bicos con lingua!
Agora xa si hai foto de Melide!
Alégrame que a xente nova non se deixe enganar. Ánimo e a seguir traballando.
as miñas fotos son unha merdiña!
pero póñoas a disposición de todos.
fixen unha entradiña pequena no meu blog cun enlace a elas,
facendo patria
e se só queres pillar as fotos vas aquí
non sei que puñetas fago mal que non me funciona o enlace!
grrrrrrrrrrr
eu tamén estiven en Corunha!!! Noraboa a todos!!!!
Por certo zeltia, saio de esguelho nunha das túas fotos hahaha :) e Pachinha (tres xoubas e media) pilhárona in fraganti escoitando todo o que se dicía....
Bótalle un ollo -se non o fixeches xa- a estoutras imaxes, a ver se a loira de pelo recollido é quen ti pensas.
E... ti xa estabas engadida na Chousa!
Bicos noctámbulos. Onte emborracheime de emoción e hoxe de mensaxes, correos e imaxes. Pura ledicia.
A deshora pásame factura. Non puxen o link das fotos que dicía. Agora sí que vai: http://prolinguagalega.org/tag/melide/
Xa ves, temos unha presentación para nos soiños, que sorte eh!!
De poder acudir, tamén che mandaren as fotos.
Xa che contarei, bicos
bueno, eu puxen o enlace ó artigo, pero porque lle sentín a fonsilleda
(cho xuro que onte á noite non o vira!, sería co sono que tiña)
Vexo unha unión idílica entre os participante, unha ilusión compartida. Apertas de lingua
xenevra,
déixoche a dirección ó video que ven en "vieiros"
xa explico no meu blog, (editei a entrada) e nun post que lle deixei a Chousa,
que é feito por unha moza rusa
que aprendeu galego e durante a súa estadía en santiago fixo este documental sobre o galego.
títulase
"a xanela"
¿non emociona?
http://vimeo.com/9267106
Eu quedei abraiado co video.
E que saibades que xa circula tamén pola rolda de ProLingua.
Xenevra; e digo eu...ti non terás unha caixa de correo para poñer no blog coma todo quisque, carallo; ou en Chantada non hai carteiros virtuais?
Realmente é emocionante oír, sentir a xente nova, mariajesús. está claro que quedan moitos tópicos por derrubar, os mozos son mozos e algúns véñenche con moita forza.
Xa vin vintxuca que ademais tiveron que buscarvos unha sala máis ampla que a primeira non era abonda. Outro tópico a derrubar. Os da Coruña somos coma os de todos os lugares (uns máis e outros menos ;))
Que privilexio os da costa , Carlos. Aí marcando estilo e facendo tendencia. Iso si, sempre diremos que nos copiastes (hehehehe)
Zeltia a que revirou todo fun eu. O que quería poñer é que che pillaba "eu a ti" o enlace. Púxeno despois de vercho ;) Agora vou ver este que non coñecía. Grazas rula.
Chousa que unha é moi daquela maneira e aínda non viu iso das caixas do correo :( O meu é: xenevra_arrobahotmail.com (con v e barra baixa).
E o que che dixen, é un privilexio terte encontrado; é un sorte contármos con persoas coma ti. Unha aperta forte.
Sabes unha das cousas que me emocionou, que me conmoveu na tarde noite do venres, Maribel-bel, o sabérmonos todos xuntos malia estar distantes no espazo. Quizais a rede non sexa tan fría coma din (outro tópico co que acabar)
Apreciase bo ambiente,logo en Ponteareas,non houbo presentacion,espermos que sexa este vernes.
Saúdos
Seguro que hoxe tamén tedes vós moi bo ambiente nas areas da Ponte ;), Brabido
Déixovos o enlace a un cachiño de vídeo que subiu televinte (tele de Chantada) ao facebook: http://www.facebook.com/video/video.php?v=102297379801540
pero qué riquiña, xenevra!
Enviar um comentário