A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará o próximo venres 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega
Co gallo de ofrecer unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma, sae publicado este esperado libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé naquelas que, por diversas razóns que tamén o libro pon de relevo, a día de hoxe teñen un maior calado na sociedade.
Tiven a sorte de poder botarlle xa un ollo, case diría que os dous e as mans. Resultoume apaixonante, non polo entretido, senón polo claro e contundente que é. Moitos dos tópicos, moitas das verdades que aquí se din xa as coñecía (que levamos anos acudindo ao decreto de Buena Planta ou ás octavillas onde se nos impele a falar en perfecto castellano), pero o que máis me conmoveu, o que vapuleou a miña alma por completo e fixo renacer a miña indignación, foron esas verdades que se nos ocultaron e que chegamos a asumir de tal xeito que nunca fomos quen de cuestionar.Abraiada quedei cando descubrín que hai un decreto que prohibe a etiquetaxe dos medicamentos e redacción dos prospectos dos noutro idioma que non sexa o castellano (prohibe expresamente o uso dos "dialectos"); pero non foi o asombro de coñecer esta lei o que me levou ao abraio, senón a miña sumisión á mesma. Nos meus moitísimos anos de vida en que fixen montóns de reivindicacións para poder vivir en galego, nunca (e digo NUNCA) se me ocurrira que eu non tiña o dereito a poder ler os prospectos dos medicamentos no meu idioma. Nunca se me ocurrira que isto é un dereito que me foi negado. E dóeme ter chegado ata ese grao de alienación.
Ben, que vos recomendo que botedes unha ollada ao libro (8€ para os que non sodes de prolingua, 5€ para os socios) e que acudades, se podedes porque paga a pena, á presentación do mesmo; feito salientábel a súa presentación simultánea (non vai ser só Harri potter quen o faga ;)) e agradecer o entusiasmo e o labor feito por todos os que conforman PROLINGUA. Grazas por estardes, grazas por serdes.
A ver se logo temos moitas fotos para compratir de todos os que vaiamos. Sería chulo ver como se desenvolveu en cada localidade. Eu xa me pedín Chantada (hehehe)
Se vos apetece difundilo por aí, pois... beeeeeen!!!
post Scriptum: están nos textos os enlaces ás páx de Prolingua
Postpostscriptum, isto é, volvo editar a petición do Chousa (hehehehe). Tedes os lugares e os ponentes no enlace anterior de prolingua. A hora é as 20:30 e o día o venres 5, para todos ;)
A reportaxe fotográfica de melide traeráa o noso querido e nunca ben aprezado, Chousa
Postpostscriptum, isto é, volvo editar a petición do Chousa (hehehehe). Tedes os lugares e os ponentes no enlace anterior de prolingua. A hora é as 20:30 e o día o venres 5, para todos ;)
A reportaxe fotográfica de melide traeráa o noso querido e nunca ben aprezado, Chousa




21 e eu diría máis...:
Grazas a ti, por recoller con tan exquisita vontade este proxecto. Estou seguro de que tamén vas abordo desta dorna...
Un bico (con lingua!)
A cal presentación irás ti?
Farei o posible para poder contarvos a de Monforte :)
AisssssssChousa, que non me les (buáaaaaas) Eu vou estar en Chantada. Aínda non está moi segura a conformación da mesa, pero estou certa que quedará moi chulo (hai xente nova ilusionada para turrar forte). Eu estarei coa cámara de fotos a ver o que podo facer.
Vaia Noa, estamos perto e case compartimos asistentes. Boa xente a que está aí.
Que non nos falte nunca a lingua, para os beixos, para as gorxas.
Aquí pola raia oriental as cousas van complicadas, pero cando non o foron?
Se a cámara non me traizoa creo que terei a miña testemuña. Se me traizoa xa se pode ir preparando...
Imos aló !!
Teño que enterarme onde se presenta en Lugo...
Xa vin donde se vai facer a de Ponteareas. E de seguro que vou asistir e mercar o libro.
Que menos pola nosa lingua, non?
Hadex a de Lugo é en trama, na libraría (avenida da Coruña, nas galerías do principìo). É o venres ás 20:30 (iso en todas)
Vale carlos creo que es o primeiro da costa. pouco a pouco imos cubrindo a xeografía toda ;))
Non teño perdón!!!!. Non reeditarías??? (mira que son malo eh)
Por certo, eu estarei en Melide.
Mil perdóns pola mala vista. Reclamarei na miña óptica!
E onde é en Ourense?¿cando?
Non sabia o dos prospectos dos medicamentos. Pareceme unha moi boa iniciativa espallar o amor o noso idioma e coñecer as mentiras interesadas.
Un saúdo
Vou editar agora Chousa poñendo un aviso ben ghrande para que os colegas teñan en conta a túa presbicia (hehehehe... :P:P)
mariajesus en ourense é no Ateneo; e estarán: Serafín Alonso, Xosé Antón Laxe Martiñán e Xián Bobillo
hai moitas cousas que se nos escapan Xan por iso é bo que alguén nos bote un cabo para aclaralas.
Os lugares onde son aparecen ao premer en prolingua na primeira caixa de texto (é que me quedou pelín chapuceiro :( )
Grazas Xenevra.....!!!! Xa o buscara eu na páxina de Prolingua!! Alí estarei logo!! Bicoss
pois eu irei a que me presenten o libro na coruña (que tamén é costa,
espero que estea abarrotada a sá de prensa da fundación caixa galicia)
despois lerei esas 55 mentiras.
Xa temos cuberto.
Chantada - eu
Melide - Chousa
Monforte - Noa
o Barco - Setesoles
Lugo - Hadex
Ponteareas - Carlos
Ourense - mariajesus
A Coruña - Zeltia
e seguimos sumando......
Estoooo...teño un problema loxístico; vale fotografiar aos asistentes????
Nunca che darei agradecido abondo o p.s.; na miña óptica teñen en camiño a queixa formal!
Pois eu non poderei ir á de Tui.
Espero ter pronto ese libro nas mans.
Eu bou con o Sousa,xa que el sabe donde se fai en Ponteareas,xa lle estou mandando un sms pa quedar.
Bicos
Publiquen no meu blog esta nova, non é que me lea moita xente pero sempre será unha axuda.
Ah! de paso fixen unha mención sobre o blog polo que me enterei.
Uisss Chousa que me deu en pensar que vas estar no lado este da mesa que mira ao público ;) Ti fai as fotos de todo e todos e logo inundamos isto coas imaxes. Se cadra conseguimos 55 imaxes para as 55 mentiras (hehehe)
nin caso aos da óptica. dirán que foi que eu puxen aletra moi miúda para escaquearse e non darche uns lentes novos, fiúuuu
paideleo, supoño que deixarán exemplares nas librarías e seguro que atopas. A min resultoume realmente esclarecedor. Amais de que me parece unha moi boa iniciativa para termos argumentos a todo o que temos que escoitar.
Oe Brabido que logo terás que pagar tio os bocatas e a galicola ;))
xenial Sousa a ver se segue a animarse a xente. O certo é que emociona e conmove ver como nos imos apuntando e saborear a ilusión que se desprende dos comentarios.
Unha aperta forte e grazas a todos por estardes aquí... e alí
Xenevra contade conmigo como representante na Corunha xunto ca Zeltia...alí estarei!!!!! Unha aperta enorme para todos!
ánimo que imos conseguir as 55 fotos.
Así temos dúas visións do de A Coruñaaa!!!Bk vintxuca
Enviar um comentário