10/01/10

lingua


como aliviarmos os ollos
desta paisaxe atroz
que nos manca?

como cuspirmos as lascas da dor
cando o que sangramos
é espanto?

como naufragarmos futuro?

Rafa Villar



queremos galego


11 e eu diría máis...:

HADEX disse...

Espero que esta movilización teña moito éxito, aínda que aos políticos darálles o mesmo!!

Chousa da Alcandra disse...

Poda que aparentemente non fagan caso, pero amolar amólalles moito a protesta cidadá.
Xa que o único Organismo encargado de defender o noso idioma non o fai (a Xunta de Galicia), teremos que ser os cidadáns os que o fagamos.
E se aturamos unha longa noite de pedra para o idioma, tamén soportaremos este atardecer que nos queren impoñer agora.

Unha aperta dende a Chousa!

Espero que a moderación de comentarios no meu blogue sexa temporal. Teño un troll que anda tocando o c...; a ver se cansa

Paz Zeltia disse...

véxote moi loitadora,
reivindicativa,
esixindo o que nos corresponde por dereito!
grazas.
hoxe vou atopando nos blogs que visito motivos para estar agradecida. iso faime ver que as persoas ó individualizarse e sair do medio do que se chama "xente", merecen moitísimo a pena.

xenevra disse...

Espero que o 21 a voz de noso se faga escoitar en todo o país. Agárdannos mil primaveras máis (polo menos) aínda que algúns teñan vergoñan do seu e reneguen do que lles era un privilexio.

Grazas a vós por pasarvos por este curruncho

BRABIDO disse...

Se queremos algo temos que sair a rua pa defendelo,triste pero e asi.

QUERO A MIÑA LINGUA NOS TEUS BEIZOS

Raposo disse...

Pois haberá que loitar para recordarlle a Feijoó e o seu fato de impresentables que non vamos consentir nin perdoar tantas falcatruadas contra a nosa lingua.
Apertas!

Anónimo disse...

Ogallá que tanta iñorancia, tanta mentira e tanto despropósito se volva ao fin contra deles. Van por bo camiño!!
De momento teñen conseguido que axuntemos forzas como poucas veces tiña acontecido.
Que esa xornada de loita sexa un éxito!! Non teño moitas dúbidas de que o será por mais que calen os que debían berrar con nós dende os xornáis. As nosas voces han quedar nas rúas e han ter traballo pra facernos calar.
Adiante!! Queda moito por facer.

xenevra disse...

Loitaremos coa nosa lingua nos beizos arrombando as rúas coas nosas verbas.

Nin un paso atrás!!

Anónimo disse...

O problema é o de sempre: por moita manifestación e por moita protesta puntual que se faga, seguro que a metade desas persoas que acuden ás citas pola defensa do galego, ao final educan aos seus fillos en castelán ou eles mesmos parolan español cando van ao médico, piden un café ou mercan as verduras no súper.
Un saúdo, Xenebra... sinto este comentario tan escéptico.

xenevra disse...

Manifestar a voz, non un día, senón milleiros deles. deixarse abanear pola lingua e comprender que é lingua de futuro.

Van 500 anos de desprestixio, non será fácil o camiño da recuperación, pero será. Non o dubides avelaíña; será.

Grazas polo comentario, hai que medrar con todos eles e non esquecer ningunha visión.

Unha aperta

xenevra disse...

un artigo do Freixanes