Nun día que se prevé aciago para a miña lingua, só desexo "que me devolvan o que é de meu" o que é de noso.
Que o 2010 traia mil primaveras máis para a nosa lingua
que rematen as aldraxes vergonzantes
que a terra lle dea a cada un o que merece
__________________________
aproveito a tarxeta dos EN de ferrolterra e agradezo o seu labor e o de tantos outros por defender o que é noso.
Que o 2010 traia mil primaveras máis para a nosa lingua
que rematen as aldraxes vergonzantes
que a terra lle dea a cada un o que merece
__________________________
aproveito a tarxeta dos EN de ferrolterra e agradezo o seu labor e o de tantos outros por defender o que é noso.





11 e eu diría máis...:
Fago íntegramente miña a túa petición para os Reis. É de xustiza que se cumpla ese desexo; que máis que desexo é un dereito.
E, xa postos a pedir,pido tamén ledicia para compartir durante ese ano que xa se albisca.
Un bico de Antas para hoxe e 12 biquiños (de Antas tamén) para mañán.
Un fermoso desexo.
Graciñas polo comentario.
Algún día o conseguiremos xenevra, algún día. Din que a esperanza é o último que se perde, non si??
Apertas nadaleiros.
Suscribo o teu desexo, e incluso propoño que fagamos un meme na noite de reis con esa marabillosa ilustración. Bicossss e feliz ano!
...pero tes que explicarme en que consiste o do meme, que aínda que xa o vin antes por outros lares non dou sabido en que consiste (glups).
Grazas a todos e todas polas palabras. Unha aperta de ano novo
Grazas por manter un blog tan interesante e comprometido.
Fago nosos os teus desexos para coa nosa lingua e, se realmente a terra dese o que cadaquén merece,moitos deses mediocres que dirixen hoxe o noso país non terían acubillo en ningures.
De tódolos xeitos feliz ano.
Ah ! e outra cousa ímoste enlazar no noso blogue
"www.terrasdefriol.blogspot.com"
E outra cousa:
Escoitar no blog a Crosby, Stills & Nash é un puntazo.
Non é habitual a día de hoxe poder escoitar a un grupo que dende hai moitos anos teño de cabeceira.
Grazas por enlazarme e deixarme o sendeiro para chegar. A música foi un agasallo de http://setesoles.wordpress.com/
E o desexo... só espero que sexa unha realidade, aínda que as nubes non nos deixen agora ver o horizonte. Que este final do 2009 sexa tamén o final dese fato de mediocres e das súas ruíns vontades.
Bo 2010 para os xenerosos!!!
Non quero ser negativo,pero es acousas non pintan nanda ben,polo que acabo de ler no xornal.
Pedir o quer e de un tiñase que conceder o momento.
Que se cumplan todolos desexos pa ti e a tua familia po 2010
a min o galego que non mo toquen, que mordo!
feliz aninovo, xenevra, e ogallá que os teus desexos se cumpran.
Enviar um comentário