21/01/10

Manifestación a prol do galego

Porque queremos galego nas rúas, nas escolas, nos nosos días
fomos a Compostela a berralo.

Chegada (ou intento de chegada a Alameda)

tras facernos cun oco, avanzamos cara á praza de Galicia
e fomos chegando mentres outros, xa na zona vella, tiñan a praza máis perto


e xa no Obradoiro, manter posicións



Subín algunha foto máis no flickr, pero o certo é que non conseguín moito. Mañá, máis descansada, contareivos algo máis de como teño o corazón e a voz.

Un bico a todas e todos, con lingua

12 e eu diría máis...:

Paz Zeltia disse...

espero que sigas canalizando esa forza que se desprende deste post teu, porque se che nota entusiasmada. as imaxes falan por sí solas,
e hai que seguir coas protestas ata conseguir que se pare o decreto!
(inda que o goberno da xunta o tome coma un pulso, e lle sea dificil arrecuar)

mirar os comentarios que a xente vai deixando na voz de galicia, máis de 700 arestora, desaníma; porque emparellando co entusiasmo de persoas como tí hai outras cun odio hacia o galego que non pode vir de argumentos razoados, senon de algún complexo interiorizado, ou se non, non o entendo.
claro qeu, fotos coma esa deses dous encapuchados queimando a bandeira española (a do aguilucho), que vin por aí, non axuda moito, iso non fai máis ca confundir

Chousa da Alcandra disse...

E seguiremos a loitar polo que é de xustiza.
O dos energúmenos que queiman bandeiras e que veñen en nome de quen os manda vir, que sexa esta a última vez que o fan. Pero claro, fixádevos en que foi precisamente esa a imaxa máis difundida polos medios afíns aos negacionistas. Curioso, non si?

Bicos linguais tamén.

Anónimo disse...

Non deixa de molestarme a manipulación dos medios de comunicación, pero xa non me sorprende. Non me esperaba menos, vindo de onde vén.

Por sorte somos moitos os que non nos quedaremos calados e seguiremos loitando. Entre todos, con forza!

Un bico!

Nilson Barcelli disse...

Admiro a persistência do povo galego na luta pela preservação da sua língua.
Como pertenço à mesma nação, estou solidário com o vosso movimento.
Parabéns pelo blogue, gostei muito.
Bom fim-de-semana.

Noa disse...

:)

xenevra disse...

Si Zeltia estaba entusiasmada ao escribilo e aínda agora sigo co corazón removido. Non tiven vagar de ver nada aínda porque non estiven ata hoxe. Mirarei agora os comentarios e as noticias que se foron dando.

Coméntádesme ti e Chousa o da bandeira. Seguro que o verei agora por aí espallado en todos os lugares. Alí nin se falou diso, estoume enteirando por vós. Dicía o Castelao no conto aquel da marquesiña "Hai xente que non sabe calar"; diría eu "hai xente que non sabe falar". O ambiente que vivín foi marabilloso. Non foi unha manifestación en contra de, foi unha reivindicación a prol da nosa lingua, da galega.

Shucranonte só vin, antes de marchar de viaxe, o titular da Coz de Galicia "30000 persoas se manifestan en Compostela..."; logo no corpo da noticia explica: "máis de 30000 persoas segundo a policía, 60000 según os sindicatos..." Sobran as palabras sobre este redondeo.

Muitíssimas graças Nelson. São estes os momentos em que precisámos de toda a força, da nossa e da vossa. Somos parte duma mesma história com caminhos diferentes, mas somos quem de seguir compreendendo-nos
Beijinhos com língua comum

Grazas a todas e todos pola forza que seguimos sumando nestes comentarios. Grazas por como me facedes sentir.
Quero o galego nas aulas
quero o galego nas rúas
quero o galego nas voces mozas
quero / queremos galego

mariajesusparadela disse...

Boeno, eu, a verdade, con lingua, así, case sen nos coñecer, vasme ter que perdoar, pero, polo de agora...en fin, estou tratando de ser asertiva...que non, vaia...
Gracias pola túa visita ao meu blog.
E, sí, queremos galego.

Anónimo disse...

Por alí tamén andou a señorita Kaplan coa pancarta. Seu pai, por asuntos, non puido.

xenevra disse...

Pola forza das voces, diría que a señorita Kaplan berrou para que non se notasen as ausencias dos que quere.
;)
beixiños a ambos

F Nando disse...

Pela defesa da lingua-mãe!
Em Portugal "inventou-se" algo a que chamaram "acordo ortográfico" como se a língua fosse decretada por uma lei!
Há o português de Portugal e o português do Brasil, ponto final.

paideleo disse...

Eu fun parvo e non fixen por ir:só tiña que cambiar de turno de traballo.
Ogallá que non houbese máis motivos para manifestarse.
Graciñas polo cumprido comparándome co escritor de Cousas.

Carlos Sousa disse...

Destes todo un exemplo. O que quedou claro é que teñen que escoitar a voz do pobo e deixarse de pamplinadas.

Grazas pola visita, lereite con máis calma.

Un bico con lingua para ti tamén, pero galega.