Educáronme na tradición católica e de pequena aprendín que Eva creouse a partir da costela de Adán e que Deus castigara ás persoas a súa fachenda confundindo as súas linguas. E con isto crecín. O primeiro mito pronto me explicaron que só era unha figura literaria que non se sustentaba e que tampouco había que tomar "ao pé da letra". O segundo... o segundo segue sustentándose cada día nos discursos de moitas persoas, dos gobernantes e dos grandes dirixentes (grandes por poderosos).
Séguese dicindo que falar diferentes linguas é un castigo, que iso leva ao desentendemento, ao desencontro, que non é útil, que non é económico... E digo eu:
- se fose certo que falar o mesmo idioma leva ao entendemento, non terían que estar a se entender goberno e oposición no estado español?
- se fose unha cuestión de utilidade manter o patrimonio cultural, non habería que demoler a Catedral de Compostela, o acueducto de Segovia ou a Alhambra? (Sería un terreo espléndido para a especulación urbanística, que tantos beneficios económicos deu.
Engánannos con mitos creados no pasado para sustentar o seu poder na nosa ignorancia. Fálannos dunha lingua universal, única, que poderiamos entender todos con só estudalo un pouco: o inglés. Nin é fácil para os falantes de linguas románicas, nin explican cal é a variante do inglés que deberiamos estudar para ser entendidos, e á vez comprendidos, por todos os falantes do universo (é universal, non?:)) Non se pode "ir a ningures" sen saber inglés e por iso o goberno actual da Xunta decidiu facer do inglés a lingua vehicular no ensino desde a primaria. Seica o presidente Feijo (Mr Big Bean, será agora) sabe falar inglés? Quizais algún dos presidentes do Estado falaba inglés? Xa... pero nós "non podemos chegar a nada sen saber inglés" (debemos ser dunha etnia inferior, menos capacitada)
En fin, tempos veredes!!!
____________________
post scriptum: a foto está tirada dun blog que leva Babel no seu nome. Accededes a el ao premer sobre a imaxe.

7 e eu diría máis...:
Aínda que entendo e comparto o que queres dicir, penso que nesta diatriba estáse a demonizar outra lingua, a inglesa, e tampouco é plan.
Considero absolutamente primordial coñecer e estudiar antes de nada a lingua materna do país. É o modo de acceder á cultura e psicoloxía do mesmo.
E despois tamén considero esencial estudiar máis linguas, todas as que se poida....
Con esto non quero dicir nin moito menos que esta dacordo con esa absurda proposta de ensinanza trilingüe. As linguas que un queira aprender a posteriori pois deberán ser ofertadas polo ensino público, ou cada un se buscará a vida.
Biquiños
E que lograrán demonizar o inglés con este xeito de facer as cousas, joder!
Se ademáis todos sabemos que o da incorporación do inglés é unha pura cortina de fume. Non hai posibilidade actualmente de que se cumpla ese decreto nin de coña.
Que haxa docentes que coñecen o inglés (xa miraremos cantos hai...), non quer dicir que esteñan capacitados para impartir matemáticas nese lingua.
E que...non ten sentido ningún. Incluso se o miramos do revés tampouco.
Un bico (négome a darche un kiss)
Claro que sí Chousa, é unha cortina de fume. É máis: eu non teño fillos pero se os tivera, e se o decretazo saíra adiante, cousa que dubido por todo o que ti dis.....vendo ademais como foi hoxe a cousa.....collo e vou poñer unha denuncia cada día que os meus fillos non recibiran o seu tercio en inglés....xa verías.....os que hoxe non quixeron apoiar a folga íano pensar un pouco máis!!!
Deixara un artigo no blog do Chousa (miañar)de Freixanes onde se vía de maneira moi clara a intención de incluír o inglés no borrador; mentres falamos diso, non o facemos do que importa.
Tes toda a razón HADEX as linguas son para sumar, nunca para restar. O problema non é a aprendizaxe do inglés, senón a eliminación do galego. Como de maneira subrepticia desaparece o decreto de normalización para pasar a ser un decereto de trilingüismo onde se fala de conseguir a normalidade para a nosa lingua en ningún dos seus apartados, é máis, os Equipos de Normalización Lingüística dos centros pasan a ser Equipos de Dinaminación.
Non nos deixemos enganar, o inglés non é un problema, nin o euskera ou o alemán ou o portugués, o problema é que a fagan lingua vehicular ao mesmo nivel das outras dúas linguas e que desaparezan as medidas de protección da nosa lingua establecidas na Carta das Linguas Europeas, na Lei de Normalizaciión e na propia Constitución que tanto din defender.
Acabo de chegar de Compostela. rebordou o Obradoiro con berros de QUEREMOS GALEGO, non deixemos que nos confunda. Sabemos o que queremos, moitas torres de Babel onde mesturarnos e medrar na diversidade ;)
Un bico para cada un
telo moi crariño,
e se segues con ese entusiasmo e contundencia nas túas exposicións sobre o tema, farás moito, sí señora.
A união entre os povos faz-se para além da língua que falam. E, como muito bem dizes, o desentendimento entre os que falam a mesma língua é demasiado evidente.
Não me trates por você... eu não sou brasileiro... sou português e teu vizinho... sou do Minho, que deves conhecer bem...
Bom fim de semana.
Um beijo.
Olá Nilson, conheço-o muito bem. Baixo a minha venta decorrem as suas águas neste momento desbordando as beiras.
Muito obrigada pelo regresso e pelas palavras amigas.
Que o domingo esperte novos sonhos
Enviar um comentário