Lavou o cabelo moi a modiño, con especial coidado, e deixou que a auga da ducha esvarase polo seu corpo longamente. Logo continuou co ritual de envolverse na toalla e esperar uns minutos estomballada na cama gozando da calor do corpo. Alí, cos ollos pechos, repasou a roupa que había no seu armario pensando no que debía poñerse. nin se lle pasou pola cabeza que aquelas prendas xa non lle servisen. Cambiou as súas decisións unha e outra vez demorando o momento de enfrontarse á rúa ateigada de xente. Finalmente decidiu poñer o vestido azul. Víase tan fermosa con el! Ergueuse e aínda secou o pelo antes de almorzar. Un moito de café, un pouco de leite, un nada de azucre, un rebordar de ansiedade pola cunca abaixo.
__________________________
A foto foi unha cesión de ababoll que as ten superchulas no seu blog.
grazas miña Eme (te añoroooo)




12 e eu diría máis...:
Sempre hai que botarse ao mundo, por unhas razóns ou por outras. Esperando novas entregas.
Bico!
E que as cuncas de hoxe non che levan nadiña...
Moito bico e abundantes abrazos
Erguerse da cama e facerlle fronte a un novo día pode ser complicado ás veces, mais non queda outra que botarse á rúa e perderse entre a marea de xente.
Seres como fobias, que campan sen pedir permiso e a-campan para o noso desasosego. Mañá, seguro qe mañá xa a cunca estará media valeira. Bicos de azucre
Chova ou non chova, Alicia sempre sae do tobo.
Afortunadamente.
Un saúdo
Non queda outra que saír, non pode demorar máis o tempo do café... ou si??
grazas a tod@s por ler e escribir.
Unha aperta con sabor a terra
e o inicio dunha historia?
a min eses anos de observar pola ventana a eses seres extraños, faime pensar nunha profunda e enraizada agorafobia, pero entón non podería nin tomar o café, a ansiedade non lle baixaría taza abaixo, estaría atorada na súa gorxa
espero a nova entrega!
solprenderame, seguro,
eu non teño imaxinación ningunha, e flipo!
Cando Alicia cruce alén do mundo e mestúrese entre eses seres estraños ojala sexa capaz de formar parte de aqueles que existen por si mesmos, sen necesidade de vivir a vida dos demais.
Un saúdo
Alicia deu o primeiro paso, pensou en poñer o vestido azul. Quizais esta noite xa poidamos averigüar un pouquichiño máis dela. A fin de contas, somos nós quen a espiamos dende esta ventá;))
Grazas a todas e todos por ler e por deixar palabras nas pegadas.
Creo que da igual a vestimenta que poñas,a forza de enfrertarte o mundo tes que levala por dentro,e canto mais dubidas peor o fas,e miña opinion persoal.
Saúdos
E o azul e unha cor que senta moi ben. Interesante lectura. Agardo pola seguinte parte :)
Biquiños :)
Grazas pola vosa voz.
E aínda que Alice segue coa súa ventá aberta, estes días non me asomei moito a ela, revolto como teño o alento cos acontecementos que removen a miña terra.
Mais non ha pasar moito tempo en que a rescate tras as persianas, é necesidade deste espíritu meu con vocación cotilla ;)
Enviar um comentário