- ...
- Difícil contestar a túa pregunta. Si, supoño que de non ter vivido no mesmo planeta podería ter sido a súa amante. Pero compartiamos demasiadas vidas e atopabámonos en cada instante do camiño.
- ...
- Nunca che direi como has de actuar, nin sequera podo imaxinar como actuará el. Non te coñezo, non sei de ti máis do que se desprende das súas palabras. Se te ama? Como sabelo! Non é doado separar os sentimentos.
- ...
- Cada persoa somos unha vida, non o esquezas. Se eu che dixese como actuaría no teu lugar, estaría a mentirche. Eu non son ti, non sei como sentes, o que sentes, o que queres sentir. Sei o que fago eu, pero só porque vexo os resultados do feito. Ti has de escoller o teu camiño e ninguén pode dicirche cal é o correcto para ti; nin sequera creo que haxa un correcto. Son desas que manteñen que só hai un camiño posíbel: o escollido. Os futuríbeis só son maneiras de entreter a cabeza cando o tempo non invita a nada mellor.
- ...
- Non estou esquivando; ti viñeches a min buscando as túas respostas. Non te enfades agora porque só atopases as miñas. Non podía ser doutra maneira.

5 e eu diría máis...:
Impresionante como cun diálogo así, podemos intuír que é o que a outra persoa di!
Apertas e felices festas!
Grazas e igualmente para ti.
Unha aperta
pois ese último párrafo é o que máis me gusta. só son interesantes as respostas que pechan a pregunta.
non hai nada máis grande que escoitar e deixar que a outra persoa escolla libremente...
e tamén moi difícil ;)
grazas aultre narai por non pasares en silencio e deixar que eu poida escoitar.
Enviar um comentário