Rompe a auga da noite
entre rochas embebidas de soños
non sucedidos.
Vou falar agora,
porque non quero calar para sempre.
Douche a chave
e pechas as entradas
que nunca se deberon cruzar.
Libélulas na noite
embarullan o aire
no esquecemento do teu corpo;
virxe de ti,
etéreo de min.
Dis que non existo;
pero eu seime,
seite.
Reivindico o meu dereito a existir
agora que te acostumaches a desaparecerme.
Non quero ser pantasma
dun presente que cheira a mar recuperada.
Alonso Montero, in memoriam
-
Hoxe deixounos Xesús Alonso Montero, escritor, ensaísta, filólogo, membro
do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, a que presidiu no
perío...
Há 2 meses




0 e eu diría máis...:
Enviar um comentário