01/09/08

Chocolat

cando o protagonista do filme
mirou os ollos da actriz,
pensei que daría todo
porque alguén fitase os meus.
un só instante
de desexo de eternidade
merecía a aposta
de futuro incerto de muller.
soñeime
sorriso daquel momento
na pantalla do cine.
non te recordei a ti,
meu galán impertérrito...

só anhelaba aquela escena,
sen actor en masculino.

0 e eu diría máis...: